Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

21/10/21 | 12:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove unha mostra co legado de Pardo Bazán no Museo de Belas Artes da Coruña

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a exposición, enmarcada nas actividades que organiza o Goberno galego polo centenario do pasamento da autora

21/10/21 | 10:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á celebración de preto de 400 concertos ao abeiro da liña extraordinaria de subvencións a salas privadas

A iniciativa, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, supuxo un investimento de 560.000 euros e beneficiou un total de 22 espazos habilitados para a organización de espectáculos musicais con público

20/10/21 | 18:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura inaugura a primeira exposición retrospectiva adicada á escultura de Jorge Castillo

‘Castillo, escultor’ reúne 120 pezas do artista pontevedrés, cuxa obra forma parte de coleccións coma o Guggenheim de Nova York ou a Nationalgalerie de Berlín

20/10/21 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora na difusión dunha decena de filmes no circuíto internacional de festivais de cine

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade adxudica preto de 30.000 euros a sete produtoras galegas para a promoción de traballos seleccionados en certames como Cannes, Venecia, Toronto, Bos Aires, San Sebastián, Málaga, Sevilla ou Sitges

Entre as iniciativas subvencionadas atópanse as premiadas participacións de Jacinto e Tres no Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges e Eles transportan a morte na Biennale de Venecia e en San Sebastián

20/10/21 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A transformación dixital do ensino galego duplicará en 2022 o seu orzamento, cun investimento de 58,6M€

Román Rodríguez lembra que o seu departamento xestionará un total de 2.753M€, unha contía “récord” que permitirá afianzar “o impulso modernizador” do sistema educativo de Gallicia como referente de calidade, igualdade e equidade

20/10/21 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aumentará o orzamento cultural un 6% para reforzar o apoio á creación en todas as súas vertentes

Román Rodríguez presenta o novo espectáculo poético ‘Rompente. Algo que levar á boca’ no que Alberto Avendaño, Antón Reixa e Manolo Romón percorrerán oito concellos galegos ata o 25 de novembro dentro do Xacobeo 21-22

19/10/21 | 15:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora co Museo do Pobo Galego na primeira edición de Soa Bonaval, con concertos, conversas e itinerarios sonoros polas súas salas

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación desta proposta que arrinca en Santiago de Compostela o vindeiro venres

19/10/21 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o Día das Bibliotecas cunha ampla programación en todos os centros bibliotecarios de xestión autonómica

Co gallo da efeméride que se celebra este domingo 24 de outubro haberá mostras, espectáculos musicais e de narración oral, visitas guiadas e obradoiros, entre outras propostas, ao longo de varios días

19/10/21 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Seleccionados 22 actrices e actores para os elencos das novas producións do Centro Dramático Galego

Contrataranse 15 intérpretes para a adaptación de A Peste, de Albert Camus, baixo a dirección de Cándido Pazó, e sete para Ás oito da tarde, cando morren as nais, dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez

19/10/21 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade xestionará o orzamento máis elevado da súa historia, cun incremento de máis do 20% en investimentos

O conselleiro explica que, no que atinxe ao eido educativo, as contas de 2022 permitirán afrontar os novos retos de futuro en ámbitos como a innovación e as tecnoloxías, as destrezas lingüísticas e a atención á diversidade e a inclusión