Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

25/09/21 | 18:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A produtora galega CTV e a portuguesa SPI coproducen a nvoa serie 'Motel Valquirias' cofinanciada pola Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou no acto no marco do OUFF de Ourense para anunciar a rodaxe desta ‘dramedia’, adxudicataria dunha subvención de máis de 250.000 euros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

25/09/21 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escavación da Xunta no xacemento de Proendos saca á luz un hórreo romano único en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou o campamento onde se está levando a cabo unha nova campaña

25/09/21 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a detección do talento matemático a través do programa ESTALMAT-Galicia

Román Rodríguez desta esta iniciativa como “a mellor oportunidade para afondar nas vocacións STEM para os alumnos aos que vos gustan as ciencias”

25/09/21 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta constrúe unhas gradas que conectan o colexio de Escairón co polideportivo municipal

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que o Goberno galego realizou no centro melloras por importe de preto de 42.000 euros nos últimos meses

24/09/21 | 18:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 410.000 € na renovación da cuberta do instituto de Mos

O Goberno galego está a investir máis de 12,5 M€ en obras na área de Vigo, a través dun total de 82 actuacións

24/09/21 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Vilablues de Noia estréase como festival da marca Fest Galicia da Xunta nunha edición con estrelas internacionais do xénero

Ademais deste patrocinio, o evento conta coa axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da convocatoria de subvencións a festivais profesionais de música

24/09/21 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra da Xunta en homenaxe a Xela Arias "Asinamos ser libres" chega á Coruña

O secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política lingüística, Valentín García, inauguraron hoxe a exposición itinerante na Biblioteca Pública Miguel González Garcés

24/09/21 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego e Avelina Pérez estrean o espectáculo ‘ECO’, inspirado nas mensaxes que deixaron os presos da guerra civil no Mosteiro de Oia

A posta en escena inaugural terá lugar este domingo en Oia, no propio espazo no que se basea a peza, con tres funcións que inclúen unha visita previa á exposición permanente Os presos do Mosteiro. Memorias da Guerra Civil española

24/09/21 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega máis de 8M€ á Universidade de Vigo para reforzar as súas estruturas de investigación e consolidar os procesos de dixitalización

O conselleiro Román Rodríguez e o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, asinan dous convenios para programas científicos e a captación de talento investigador nos centros dependentes da universidade así como para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i

24/09/21 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta súmase esta fin de semana á celebración polo 20º aniversario do Día Europeo das Linguas

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe na presentación da programación para o domingo, que incluirá un acto institucional na Praza das Praterías e un conxunto de propostas musicais e culturais no Festival Maré 21