Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

12/09/21 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 58 novos ciclos de FP impartirán este curso parte do seu currículo nunha lingua estranxeira

A Xunta vén de publicar a resolución pola que se autorizan os ciclos plurilingües que comezan agora e que se engaden aos que iniciados o pasado o curso

12/09/21 | 11:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ciclo de humor apoiado pola Xunta ‘Comicamente’ péchase este domingo en Lalín despois de chegar a máis de 10.000 persoas en 12 concellos

Actuarán Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, Celso Sanmartín e Lucía Veiga no Auditorio ao aire libre ás 21,30 horas

11/09/21 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez advirte que a eliminación dos exames de recuperación en secundaria pon en risco o futuro dos mozos e xera desigualdade

Alerta de que o “aprobado xeral” impulsado polo Goberno do Estado crea efectos negativos no sistema porque “desincentiva o esforzo” e baixa o nivel académico

11/09/21 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os fotógrafos Lúa Ribeira e André Cepeda protagonizan os primeiros talleres da mostra 'Percorrer o tempo' organizada pola Xunta

As sesións, dirixidas a profesionais e afeccionados da fotografía, terán lugar no Museo de Belas Artes o sábado 18 e o domingo 19 previa inscrición no teléfono do museo

11/09/21 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa da Xunta ‘Monumenta’ pecha en Silleda tras esgotar todas as súas prazas este verán

Desenvolvéronse 14 andainas culturais ao longo do verán nas catro provincias galegas e no Bierzo, coa participación de máis de 400 persoas

11/09/21 | 11:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias destaca o valor arqueolóxico de Salinae, a única saliña mariña de evaporación solar conservada e musealizada do imperio romano

A delegada territorial da Xunta en Vigo e a directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio, visitaron o centro museístico na rúa Rosalía de Castro en Vigo, que desde a súa apertura contabiliza preto de 5.000 visitas ao ano

10/09/21 | 21:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O noveno número da revista ‘Olga’ réndelle tributo á poesía estradense co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou os autores Vicente Araguas e Manuel Pereira, na presentación do último volume da publicación

10/09/21 | 21:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agarda que a conmemoración de Laxeiro en 2022 lle dea a proxección que merece

O conselleiro de Cultura participou na inauguración da XV Bienal Laxeiro, cunha mostra de obras do autor así como de obxectos cedidos pola veciñanza

10/09/21 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a forza do proxecto cultural do cineasta Oliver Laxe e a Xunta nos Ancares

Tras a rehabilitación da súa antiga casa familiar na parroquia de Vilela, realizaranse diferentes actividades culturais abertas á cidadanía e organizarase un cineclube gratuíto

10/09/21 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Lalín D-Fest ofrece cinco actuacións dentro da programación musical do Xacobeo 21-22 promovida pola Xunta de Galicia

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou na presentación do evento, que terá lugar o día 25 coas actuacións de Delaporte, Delafé, Verto, Ale e Rapariga DJ