Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta concede as axudas para o libro galego dirixidas á tradución de 132 proxectos impulsados por 33 entidades
A contía total das axudas ascende a 200.000€, nunha convocatoria que este ano pasou a ser especifica para a tradución
A Xunta concede a mención de excelencia a tres novos máster universitarios, polo que xa son seis as titulacións con este selo de calidade
Trátase das titulacións en Bioinformática para Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, e en Biotecnoloxía Avanzada, que se imparte conxuntamente entre a UDC e a UVigo
A Xunta abre a selección para o posto de coordinación de Música e Danza da Axencia de Industrias Culturais
Mañá publícanse no DOG as bases do proceso de provisión desta praza que, entre outras funcións, se encargará da promoción e o fomento destes dous ámbitos culturais e da dirección do Centro Coreográfico Galego
A Xunta convida a visitar a exposición Faraón. Rei de Exipto que pecha este domingo no Museo Centro Gaiás
Froito da colaboración entre a Fundación “La Caixa” e o Goberno galego, a mostra exhibe desde marzo obras únicas das coleccións do Antigo Exipto do British Museum
A Xunta eleva a máis de 4.800 as seccións bilingües en centros educativos de toda Galicia
Autorízanse 225 novas para o vindeiro curso 2021/22 en 106 centros diferentes
A Xunta subvenciona os novos proxectos de creación escénica de 30 compañías profesionais galegas
Publícase a adxudicación de 800.000 euros en axudas a 16 propostas de teatro, novo circo e maxia, sete de nova creación e cinco de danza e artes do movemento, así como aos proxectos trianuais de Malasombra Producións e Teatro do Noroeste
A Xunta incorpora cinco centros ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach)
Os 38 centros que xa participaban na iniciativa continuarán desenvolvéndoa