Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia a internacionalización das galerías de arte e da cultura galega con axudas de ata 4.000€
O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se establecen as bases desta subvención para colaborar cos profesionais das galerías de arte
Román Rodríguez salienta a calidade artística e afectiva das pezas que exhibe o Museo do Xoguete, en Lalín
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade acompañou ao alcalde José Crespo na inauguración deste novo proxecto museístico que pode visitarse no Pazo de Liñares
A Xunta licitará a próxima semana a restauración dos retablos da igrexa do colexio do Cardeal de Monforte de Lemos, nos que inviste 87.000 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se realizará unha completa intervención, dende a limpeza e desinsectación ata a reintegración cromática e de volumes onde sexa preciso
Galicia terá o vindeiro curso máis unidades en infantil e primaria que antes da pandemia, malia rexistrarse unha caída de 6.000 alumnos
Galicia continuará tendo a mellor rateo profesor/alumno de España xunto con Estremadura, e mellora en dous puntos a media estatal
A Xunta incide no valor paisaxístico, cultural e lingüístico da Ribeira Sacra co audiovisual ‘A Verba Viva’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais Lorena Gallardo e Humberto Novoa, directores, presentaron o documental, que conta coa colaboración da do Goberno galego
A Xunta contribúe á celebración do Festaclown en Vilagarcía a través das súas axudas a festivais
É un dos encontros subvencionados na modalidade de artes escénicas, que distribúe a súa dotación de 200.000 euros entre nove mostras de toda Galicia
A programación sinfónica do Xacobeo 21-22 incluirá unha trintena de concertos e catro xiras musicais en colaboración coas principais agrupacións de música clásica de Galicia
A Xunta inviste 1,5M€ nestas actividades que percorrerán toda a xeografía galega, con escenarios en lugares de interese patrimonial e do Camiño
A Xunta recoñece a excelencia de 85 egresados universitarios cos premios fin de carreira
Outórganse 11 galardóns máis ca no curso anterior
O ciclo da Xunta ‘O país das bandas’ ofrece concertos o sábado en Oia, Mos e Salvaterra de Miño
A iniciativa, enmarcada na programación cultural do Xacobeo, ten como obxectivo impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade
O conselleiro de Educación anuncia a licitación da rehabilitación integral do instituto Eduardo Blanco Amor cun investimento de máis de 1,2M€
A actuación forma parte do paquete de nove obras en centros educativos da provincia de Ourense, por importe de case 8M€, que a Xunta vai licitar antes de fin de ano