Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

01/08/21 | 13:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escena e a música de Galicia viaxan por 10 países co apoio das axudas da Xunta á distribución cultural

Publícase a adxudicación de 460.000 euros en subvencións, a través das que se contribúe ao desenvolvemento de máis de 500 funcións escénicas, concertos e accións de difusión en mercados profesionais fóra de Galicia

Debido á actual situación sanitaria, os principais destinos das xiras desta convocatoria son localidades do resto de España e de Portugal, pero tamén de Alemaña, Bulgaria, Costa Rica, Francia, Holanda, Italia, Polonia e Reino Unido

Carlos Núñez, La Macana, Luar na Lubre, Matarile, Novedades Carminha, Pistacatro, ou Xosé A. Touriñán atópanse entre os máis de 65 artistas, grupos e compañías beneficiarios da convocatoria de 2021

01/08/21 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece a implicación dos profesionais do sector do libro na celebración do 50 aniversario da Feira do libro da Coruña

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración desta cita que se celebrará ata o 10 de agosto nos Xardíns Méndez Núñez

31/07/21 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta únese ao Programa Charco na promoción do intercambio artístico de vangarda entre Galicia e México

Este programa de residencias artísticas busca afondar nas relacións culturais entre España e Latinoamérica a través da experimentación creativa

31/07/21 | 11:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

A Consellería de Cultura reafirma con esta convocatoria o seu compromiso coa investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua galega

30/07/21 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta bota a andar a décima edición do programa FalaRedes con máis de 180 pases e 30 actividades por toda Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación para os vindeiros meses que inclúe música, teatro, monicreques, maxia e humor

30/07/21 | 14:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos no campamento romano da Cibdá de Armea Saca á luz unha cabeza antropoforma de pedra do século I

A Xunta de Galicia colabora co Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo nunha nova campaña de escavación neste ben

30/07/21 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra da Xunta en homenaxe a Xela Arias ‘Tigres coma cabalos‘ está xa en Santiago

Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística inauguraron hoxe no Museo do Pobo Galego a exposición, que se exhibiu previamente no Museo do Mar de Galicia, en Vigo

30/07/21 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta suma o seu apoio ao Encontro de Profesionais das Músicas Galega e Portuguesa MUMI 2021

Terá lugar do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença, con actividades dirixidas ao sector cultural e concertos abertos ao público

30/07/21 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A cidade de Lugo concentra o maior investimento en obras educativas da Xunta en toda Galicia

O investimento do plan de obras deste verán superará os 5M€ para mellorar os colexios e institutos da provincia

30/07/21 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica a redacción do Plan Director do Parque do Pasatempo que estará en 15 meses

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, explicaron nunha visita a Betanzos que o novo documento sentará as bases para a conservación deste espazo