Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional:

26/07/21 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Un total de 24 concellos da provincia de Ourense impulsan as actividades das súas bibliotecas e axencias de lectura grazas ao apoio da Xunta

O delegado territorial explicou que estes 24 concellos recibiron preto de 23.000 euros da Xunta para desenvolver actividades de dinamización da lectura así como para o desenvolvemento do programa Ler conta moito 21

23/07/21 | 21:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta participa activamente na reunión preparatoria do Real Padroado de Santiago

O tema fundamental foi a programación estratéxica, que se presentará na devandita xuntanza o domingo

23/07/21 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta promove a creación de proxectos anovadores de danza e artes vivas coas residencias paraíso na Cidade da Cultura

O colectivo Octopus to de party e a artista María Llanderas participan nas residencias escénicas no Gaiás con dous proxectos que amosarán ao público esta tarde e o 6 de agosto no Salón Teatro.

23/07/21 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Román Rodríguez agarda que o Real Padroado sexa o primeiro paso para que o goberno se comprometa co Xacobeo

Tende a man para que se converta nun punto de inicio para fortalecer a rede de apoios e sexa un instrumento de colaboración institucional clave na década xacobea

23/07/21 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Un cento de mozos e mozas participarán este verán nos campamentos de música e tecnoloxía que ofrece a Xunta no albergue LUG II

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou aos 30 rapaces de 15 a 17 anos que asisten desde o mércores á segunda quenda da actividade ‘O Musical’, que combina a temática artística con programación lúdica e deporte

22/07/21 | 20:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Nace o ciclo ‘Comicamente’, que levará este verán o humor galego a 12 concellos co apoio da Xunta

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o novo programa, liderado polos humoristas e monologuistas galegos Carlos Blanco, Luís Piedrahita, Xosé A. Touriñán e Lucía Veiga

22/07/21 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta patrocina a edición 'esencial' do festival Sinsal a través de Fest Galicia e do Xacobeo 21-22

O Goberno galego inviste 840.000 euros nos festivais profesionais de música mediante a marca coa que promociona Galicia como destino musical de calidade e a convocatoria anual de subvencións

21/07/21 | 16:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Patrimonio Cultural autoriza o proxecto de mellora da iluminación na subida ao Monte da Guía e require completar a documentación respecto á Ermida

No caso da primeira actuación, informa favorablemente a súa totalidade, aínda que suxeito a condicionantes; e na segunda, reclama resolver as incongruencias entre os proxectos do Concello e o que este presenta en conxunto coa Diocese de Tui-Vigo

21/07/21 | 15:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta reclama ao Goberno central fondos específicos fronte á covid no ensino e para contratación de profesorado

Tamén se deben incrementar os fondos para o Plan Recupera, que se viron minguados en 1M€

21/07/21 | 15:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta súmase ao concello de Lalín na homenaxe a Laxeiro no 25 aniversario do seu falecemento

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa nos actos conmemorativos no Museo Ramón Mª Aller e no cemiterio da Romea