Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reforza a actividade científica de 113 grupos de investigación cunha inxección de 24M€
A través dunha resolución conxunta no DOG, a Consellería de Educación e a Vicepresidencia segunda publican o listado dos beneficiarios da actividade investigadora dos Grupos de Referencia Competitiva, os Grupos de Potencial Crecemento e os Proxectos de Persoal Investigador con traxectoria excelente
A Xunta presenta na Feira de Arco o catálogo da exposición do Gaiás ‘Os brancos segredos do seu ventre’
O secretario xeral de Cultura deulle categoría de “peza artística” polo deseño de Santiago Carballal e polos textos de Ignasí Aballí, Bea Espejo e Mariano Mayer
Preto de 23.000 escolares participaron nos programas didácticos dos equipamentos culturais da Xunta
O Goberno galego ofreceu este curso unha programación para estudantes adaptada á pandemia grazas ao uso das novas tecnoloxías e os formatos en liña
O Salón Teatro acolle novas funcións da produción do Centro Dramático Galego ‘Terceiro Acto’
O público terá a nova oportunidade de ver o espectáculo do xoves 15 ao domingo 18, cunha representación diaria
A Xunta de Galicia celebra no Gaiás os 21 anos de FEGATEA na promoción do teatro galego afeccionado
A Federación Galega de Teatro Afeccionado conmemora máis de dúas décadas de traxectoria cunha xornada de actividades culturais que festexa a obtención do Premio da Cultura Galega 2020 na categoría de artes escénicas
A Xunta súmase en Barcelona á conmemoración do 30º aniversario de Fegalcat
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe nos actos, que incluíron unha ofrenda floral ao pé do busto de Rosalía en Mollet del Vallès
Feijóo enxalza a contribución da nova iluminación interior da Catedral de Santiago para celebrar un Ano Santo bienal cunha intensidade renovada desde o seu epicentro máis emblemático
Destaca que este sistema -con novas lámpadas e emisores led- desenvolve todo o potencial estético do templo sen substituír á luz natural, baseándose en tres preceptos: compromiso pola sustentabilidade, respecto pola relixiosidade e desenvolvemento cultural
O protocolo escolar para o próximo curso avanza nun escenario de transición con todas as garantías de seguridade e académicas
As medidas recollidas están avaladas polo Comité Clínico e adaptadas á Declaración de Accións Coordinadas (DAC) decretadas polos ministerios de Sanidade e de Educación
O Gaiás amplía a súa conexión co Xacobeo coa intervención artística de Francisco Leiro ‘Zapatos no Camiño’
Este proxecto escultórico no Bosque de Galicia dialoga coa cidade compostelá e os espazos naturais da Cidade da Cultura, co Camiño de Santiago como pano de fondo
O ciclo ‘Danza 3’ celebra o Xacobeo 21-22 con baile e música tradicionais en 15 localidades
A Xunta e o colectivo XOC promoven a novena edición do programa, que arranca esta fin de semana coas actuacións de Xacarandaina en Burela mañá sábado e de Cantigas e Agarimos en Marín e de O Fiadeiro en Moaña o domingo 11