Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
Román Rodríguez salienta a suma de vontades institucionais dos últimos dez anos como clave para garantir a completa posta a punto da Catedral de Santiago
Traslada ao ministro a necesidade de manter este espírito de colaboración tamén durante a celebración do bienio Xacobeo, especialmente estratéxico para a recuperación de Galicia
A Xunta convoca prazas de residencia para estudantes de ciclos formativos e de bacharelato no curso 2021/22
A Consellería de Educación oferta estas vacantes nos Centros Residenciais Docentes (CDR) da Coruña, Ourense e Vigo
A Xunta colabora na aposta pola música en galego da Fundación SGAE co ciclo de concertos 'Acento'
As actuacións de Pauliña e Tanxugueiras o domingo 20 e de Grande Amore o luns 21 conforman o cartel que se despregará na terraza da sede da SGAE en Santiago
A Xunta inicia este sábado as maiores oposicións de Educación da historia con 132 sedes en 23 localidades de toda Galicia para máis de 25.000 persoas
Trátase tamén da convocatoria con máis prazas, un total de 3.894
A Xunta abre o prazo para incorporar centros ao programa de innovación educativa ‘Club de Ciencia’
Este curso participaron un total de 117 centros das catro provincias galegas, cun rápido crecemento en só cinco cursos
A Xunta convoca axudas para mellorar o equipamento de bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais por 500.000€
O Diario Oficial de Galicia publica a orde de subvencións que contribuirá a realizar obras de reforma, ampliación ou modernización así como adquisición de materiais técnicos
A Xunta estende o proceso de acreditación de competencias profesionais a todo o ano e a todas as familias profesionais
Por primeira vez as persoas interesadas poderán pedir en calquera momento e sen límite de prazas acreditar unidades de competencia adquiridas pola experiencia profesional
Xunta e universidades sentan as bases do mapa de titulacións do sistema universitario de Galicia ata 2026, que suporá a implantación de 15 novos másteres e unha ducia de graos
Román Rodríguez subliña que este acordo é o resultado do "diálogo e o entendemento a prol da innovación, do talento universitario, do benestar social e do crecemento produtivo"