Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

15/06/21 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta oferta case 1.800 prazas de formación profesional en dez centros da cidade de Pontevedra para o curso 2021/2022

O delegado territorial, Luis López, informa de que a capital provincial disporá de alomenos 69 ciclos ordinarios e para adultos dende setembro tras a incorporación da formación en Transporte e Loxística no IES Luis Seoane

15/06/21 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Educación comparte clase co alumnado do colexio de Centieiras, en Fene, para explicar o funcionamento da Xunta de Galicia e a importancia do Estado das Autonomías

Román Rodríguez puxo en valor a iniciativa da mestra de 6º de Primaria Esperanza Sánchez para achegarlles as institucións aos máis pequenos dentro da materia de Ciencias Sociais

15/06/21 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca os valores da escola rural na súa visita ao CEIP de Arcediago, en Santiso

Na clausura dun proxecto cultural deste centro, o conselleiro de Educación salienta o traballo en equipo que desenvolve o alumnado destes centros

15/06/21 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Atlántica levará este verán a narración oral a espazos patrimoniais de 27 localidades co apoio da Xunta

O secretario Xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na rolda de prensa de presentación da novena edición deste certame que se celebrará do 1 ao 11 de xullo con máis de 30 artistas

15/06/21 | 11:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a formación do profesorado de cara ao próximo curso centrada na transformación dixital, o benestar emocional, a igualdade e o desenvolvemento sostible

Román Rodríguez subliña a aposta polos retos de futuro, “con docentes dixitalmente competentes e dotados cos recursos necesarios para unha educación baseada na inclusión, na equidade e no benestar emocional”

15/06/21 | 07:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
14/06/21 | 16:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura reforza o seu programa de visitas con itinerarios centrados en arte, arquitectura, natureza e o Camiño de Santiago

A Xunta engade á actual oferta de visitas comentadas ás exposicións, novos percorridos guiados de martes a domingo, de balde e con reserva previa

14/06/21 | 15:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo de adhesión a Fest Galicia 2021 cun incremento de ata 500.000 euros en patrocinios

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aumenta un 25% a dotación destinada o pasado ano aos principais festivais galegos de música asociados á marca

14/06/21 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia sumará o próximo curso 11 anos seguidos cos prezos medios de matrícula universitaria máis baixos de España

O Consello Galego de Universidades informa favorablemente a conxelación dos prezos públicos por décimo primeiro ano consecutivo, consolidando a nosa Comunidade como a referencia

14/06/21 | 13:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta protexe como BIC un microscopio único en España obra do pai da microbioloxía, Antony Van Leeuwenhoek

O DOG publica hoxe a resolución coa que inicia os trámites para o seu recoñecemento e aplica o réxime de salvagarda provisional prevista na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia