Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

14/06/21 | 11:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará a través do Recupera un plan de choque para blindar a calidade e a equidade do sistema educativo galego co apoio de 1250 docentes

O obxectivo fundamental é reforzar as aprendizaxes non adquiridas por mor da pandemia, previndo o fracaso e o abandono educativo temperá

13/06/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 180 concellos impulsan as actividades das súas bibliotecas e axencias de lectura grazas ao apoio da Xunta

O Goberno galego vén de resolver axudas por case 200.000€ ás entidades locais para o impulso de actividades de dinamización da lectura e o desenvolvemento do programa Ler Conta moito

12/06/21 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC estrea nova exposición sacando á luz os seus propios fondos vencellados co Camiño de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou a mostra ‘Camiños’ que se pode ver ata o vindeiro 26 de setembro no museo de Compostela

12/06/21 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 impulsará máis dun millar de actividades presenciais con 3 M€ na súa segunda edición

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou hoxe a resolución da segunda convocatoria que se publicará nos vindeiros días

12/06/21 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A unidade teatral da Xunta recibe mañá no Salón Teatro a Chévere e ao Centro Dramático Nacional para realizar o primeiro percorrido de 'Dramawalker Vite'

O Centro Dramático Galego, o Centro #Dramático Nacional e a compañía compostelá coproducen este proxecto de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio santiagués

12/06/21 | 10:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para a incorporación de novos centros ao ensino plurilingüe na FP o próximo curso 2021-22

Teñen ata o 25 de xuño para solicitar a impartición de ciclos nesta modalidade

11/06/21 | 19:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso da Xunta coa divulgación do legado de Camilo José Cela e avanza numerosas actividades e exposicións en 2021, coincidindo cos 20 anos do seu pasamento

Eloxia o papel da Fundación Camilo José Cela ao longo destas tres décadas como dinamizadora da cultura galega e española a través do protagonista, así como a súa aposta pola innovación e a reinvención, como pon de manifesto a pinacoteca e as pontes tendidas a outros autores

11/06/21 | 16:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
11/06/21 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta prevé implantar media ducia de másteres de formación profesional en Vigo o vindeiro curso

A Consellería de Educación está a ultimar os detalles da oferta destes cursos de especialización e da FP Dual, cun importante peso para a cidade da oliveira

11/06/21 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura e Afundación levan á Coruña 'As miradas de Isaac' para difundir a figura de Díaz Pardo

A exposición homenaxe ao impulsor de Sargadelos, do Laboratorio de Formas ou do Museo Carlos Maside inaugúrase na sede de Afundación da Coruña o 29 de xuño, tras ser visitada por máis de 26.000 persoas na Cidade da Cultura en Santiago