Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional:

25/05/21 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a Universidad Intercontinental de la Empresa cumpre coas máximas garantías esixidas pola Lei

Tras o informe favorable do Ministerio de Universidades, a Cámara galega tomou en consideración o proxecto de institución académica impulsada por Afundación

25/05/21 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para a incorporación de novos centros ao bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach)

Este programa educativo −que actualmente está implantado en 38 centros− inclúe o desenvolvemento dun proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación

24/05/21 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta impulsará esta lexislatura medio millar de actuacións en colexios e institutos seguindo as melloras poscovid establecidas no Plan de nova arquitectura pedagóxica

Román Rodríguez subliña que a pandemia serviu para extraer aprendizaxes que se aplicarán a todas as intervencións que leve a cabo o seu departamento

23/05/21 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A oferta do Sistema Universitario galego para o curso 2021/22 incorpora dous novos títulos de grao e catro novos mestrados

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade envía ao Ministerio de Universidades a proposta de prazas para o curso que vén, que foi consensuada coas tres universidades galegas

23/05/21 | 11:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta incoará mañá a declaración BIC da Casa Cornide, que supón a súa protección integral e inmediata

O DOG publicará este luns a resolución coa que inicia os trámites e aplica o réxime de tutela provisional previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

22/05/21 | 15:13 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional; C. de Sanidad

Os concertos, festivais e verbenas poderán volver a celebrarse con aforos de ata 10.000 persoas en función do recinto

A Xunta traballa en medidas sanitarias e organizativas que permitan retomar os eventos musicais de xeito seguro con capacidades de entre 1.000 persoas de pé e 5.000 sentadas que poderán chegar ata os 10.000 nalgúns casos

22/05/21 | 11:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta abre o programa de intercambio escolar EduExchanges a 200 centros educativos de toda Galicia

Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar as competencias lingüísticas dos estudantes e fomentar a interculturalidade con alumnos doutros países

22/05/21 | 11:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Arranca a primeira convocatoria de probas Celga 2021 na que se examinarán preto de 3.000 persoas

O IES Antonio Fraguas de Santiago e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada acollen durante esta fin de semana as probas do Celga 4 nas que se examinarán entre o sábado e o domingo 1027 das persoas inscritas neste nivel

21/05/21 | 19:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Cidade da Cultura e o Museo de Pontevedra homenaxean aos primeiros galeguistas coa exposición 'Galicia, de Nós a nos'

Organizada pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense xunto á Deputación de Pontevedra, a mostra foi inaugurada hoxe no Edificio Castelao do Museo Provincial, onde pode visitarse ata o 11 de xullo, con entrada de balde

21/05/21 | 17:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

O Gaiás convocará un concurso artístico para elixir unha obra icónica sobre o Camiño e situala no lugar da 'Bóla de libros'

A ‘Bóla de libros’, como se coñece de xeito coloquial á obra de Alicia Martín que leva por nome ‘Singularidade’, será refeita para recuperar o seu estado orixinal xa que se atopaba deteriorada polas inclemencias meteorolóxicas