Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

27/04/21 | 11:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo recibe os primeiros seis científicos do Programa de atracción de talento que se incorporan aos centros de investigación universitaria de Galicia procedentes de fóra

O presidente da Xunta deulles a benvida a estes investigadores especializados en áreas como a física nuclear, as ciencias da terra ou a nanotecnoloxía e que ata o de agora estaban desenvolvendo o seu labor no Reino Unido, Países Baixos ou Suíza

27/04/21 | 10:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o valor do programa Erasmus+ para a internacionalización e o enriquecemento das escolas galegas

O instituto compostelán foi o único de España en coordinar dous destes proxectos

26/04/21 | 20:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a obra ‘Anatomía do pensar II’ que analiza o discurso filosófico en España, Portugal e Latinoamérica

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta esta segunda entrega a cargo do filósofo, escritor e decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago, Marcelino Agís

26/04/21 | 16:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo chama a empregar os fondos europeos para consolidar a importancia crecente do sector audiovisual en Galicia

O presidente do Goberno galego mantivo un encontro con empresas de referencia no eido audiovisual coas que analizou a actual situación e os vindeiros retos

26/04/21 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Museo do Pobo Galego reforzan a súa colaboración cunha partida extraordinaria para completar a museografía

O acordo supera os 500.000€, dos cales 200.000 están destinados ao novo proxecto expositivo no que o Goberno galego é a única administración implicada

25/04/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o programa de Educación Responsable para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade

Na actualidade participan nesta iniciativa 63 centros de ensino, 6.500 alumnos e 560 docentes

25/04/21 | 11:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CDG, CDN e Chévere impulsan unha dramaturxia para o proxecto ‘Dramawalker’ sobre a memoria do barrio santiagués de Vite

Paula Carballeira, Esther Carrodeguas, Manuel Cortés, Carlos Santiago e Xesús Ron compoñen o equipo encargado de escribir as pezas para esta ficción sonora

25/04/21 | 10:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura celebra unha xincana familiar para dar a coñecer a Vía da Prata, que discorre paralela ao Monte Gaiás

Un total de 16 familias inscribíronse para descubrir esta fin de semana as etapas desta Ruta Xacobea, a través de xogos tradicionais e populares

24/04/21 | 19:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
24/04/21 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta centra o III Concurso de Podcasts para escolares na figura de Xela Arias co gallo do Día das Letras

Os centros educativos presentan proxectos realizados a través do programa Radio na biblio