Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

21/04/21 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a produción audiovisual galega máis recente cunha nova edición do catálogo interactivo ‘Films from Galicia’

A publicación recolle información de 63 títulos de ficción, animación, documentais e series de televisión, tanto de obras estreadas como en proxecto

21/04/21 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta creará o vindeiro curso un novo ciclo de FP Dual para o sector da primeira e segunda transformación da madeira no CIFP Politécnico de Santiago en colaboración con Finsa

De nova creación, o ciclo de grao medio en Procesamento e transformación da madeira comezará a impartirse o vindeiro mes de setembro

21/04/21 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a volta de Os Resentidos 30 anos despois “é unha inspiración para toda a música galega”

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou hoxe na presentación de ‘Organización Nautilus’, o novo disco da banda viguesa

21/04/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita hoxe as obras de rehabilitación integral do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, cun orzamento de 1 millón de euros

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se executará “unha profunda reforma para mellorar a estética, o confort e a eficiencia enerxética” do colexio, reducindo nun 44,5% o consumo e a emisión de gases contaminantes

21/04/21 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia as mellores mensaxes en galego a través do certame Lingua de namorar

Faise pública a relación de mozas e mozos gañadores da décima edición, que obtivo unha importante participación na votación da nova categoría Instagram

21/04/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 664.000€ na rehabilitación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel en Coristanco para adaptalo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado con espazos máis ventilados e máis eficientes desde o punto de vista enerxético

20/04/21 | 16:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os conselleiros de Educación e Sanidade destacan o CIFP Ánxel Casal-Monte Alto como referente de FP da familia sanitaria

Visitan este centro coruñés que imparte todos os ciclos desta rama profesional, así como varios enfocados a servizos socioculturais e á comunidade

20/04/21 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia impulsa unha programación extensa e plural con máis de 40 actividades para conmemorar o centenario de Pardo Bazán

O acto central será a mostra que viaxará de Madrid á Coruña, con máis de 200 pezas e que se exhibirá no Kiosco Alfonso do 22 de outubro ao 18 de decembro

20/04/21 | 10:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 820.000€ na rehabilitación integral do CEIP San Marcos (Abegondo), que quedará adaptado ás características do Plan de nova arquitectura pedagóxica

Román Rodríguez explicou que as obras licitadas hoxe suporán un salto de calidade no confort para alumnado, con espazos máis accesibles, mellor ventilados e máis eficientes desde o punto de vista enerxético