Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

09/09/21 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha o programa doutoramento industrial para apoiar a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos onde desenvolverán a súa tese

Feijóo resalta que estará dotado con 1,9 millóns de euros que se destinarán a sufragar os gastos de contratación, os gastos ligados ao proxecto e os apoios para realizar estadías de tres meses no estranxeiro

08/09/21 | 12:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o concello de Vila de Cruces para a mellora de infraestruturas no parque empresarial do Camballón

Cunha achega de case 85.000€, as obras previstas contemplan a reparación do pavimento dunha das rúas do polígono, rematar o treito pendente de beirarrúas e a canalización da rede de telecomunicacións, saneamento, auga e alumeado público

07/09/21 | 12:12 | C. de Economía e Industria

O polo aeroespacial de Galicia xerou máis de 26 M€ de negocio entre as 28 pemes galegas participantes

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou en Lugo a empresa 3edata Ingeniería Ambiental, que participou en varios proxectos do Polo

06/09/21 | 14:15 | C. de Economía e Industria

Conde pon Inoxidables de Rábade como exemplo de empresa que cre na mellora constante de produtos, procesos e servizos a través da innovación

Inoxidables de Rábade está a desenvolver un plan de investimentos a tres anos que ascende a 8M€ aos que a Xunta achega 1,3M€

04/09/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a divulgación dos oficios artesanais galegos na 39 Mostra de Artesanía do Couto

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina tres obradoiros de iniciación á olería, á cestería e á estampaxe manual, que se celebrarán mañá domingo en Ponteceso no marco da programación do Festiletras

03/09/21 | 15:21 | C. de Economía e Industria

Publicada a licitación para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador avanzado de xestión do tráfico aéreo

Realízase por parte do CDTI en colaboración coa Xunta de Galicia e conta cun orzamento de 13M€

03/09/21 | 15:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola dixitalización e a implantación das tecnoloxías da industria 4.0 para impulsar a competitividade do tecido empresarial galego

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, clausurou hoxe en Vigo o programa de obradoiros de dixitalización impulsado polo Goberno galego en colaboración con Ageinco

02/09/21 | 16:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa máxima colaboración na busca dunha solución que garanta a continuidade de Ence na súa actual localización

Asegura que esa é a postura que a Xunta vai defender na xuntanza convocada polo Goberno para a vindeira semana, porque é a única opción real de evitar o peche da planta en Galicia

01/09/21 | 15:46 | C. de Economía e Industria

Preto de 8.200 persoas do concello de Ourense xa descargaron o Bono Activa comercio da Xunta de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, reuniuse esta mañá con representantes do sector na cidade ourensá para avaliar as iniciativas postas en marcha desde o Goberno galego

01/09/21 | 13:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o efecto tractor de Cupa Group na transformación dixital do sector da lousa e a pedra natural en Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da compañía en Sobradelo de Valdeorras, onde destacou a importancia de levar a cabo a reactivación económica desde a colaboración público-privada e a transferencia de coñecemento ao mercado