Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/06/21 | 12:41 | C. de Economía e Industria

Conde afirma que o terceiro Plan de Rescate, que hoxe publica o DOG, é unha oportunidade para consolidar a reactivación do sector do comercio

Anima os comerciantes galegos a acollerse a estas axudas porque, dixo, están pensadas para reparar os danos causados pola pandemia en pemes e autónomos, compensar os sacrificios que tiveron que facer e axudarlles a retomar o paso

11/06/21 | 11:48 | C. de Economía e Industria

Trenor e a Federación Galega de Comercio presentan na Coruña a nova edición dos "Días Azuis"

As persoas que merquen no comercio galego poderán participar ata o vindeiro 30 xuño no sorteo de 64 tarxetas prepago de 150 e 250 euros para as súas compras

10/06/21 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes e autónomos a aproveitar o terceiro Plan de Rescate autonómico para impulsar a súa recuperación tras a pandemia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu este mediodía en Santiago a un webinario organizado por AJE Galicia para destacar este novo plan que sairá publicado mañá no DOG

09/06/21 | 18:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por someter ao acordo de todos os axentes participantes cada paso que se dea no desenvolvemento da eólica mariña

O Observatorio será o punto de encontro onde identificar oportunidades e analizar o impacto que suporía a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas

09/06/21 | 15:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende un desenvolvemento do sector eólico que faga compatible a actividade económica co respecto ao medio ambiente

Conde destaca que o 77,5 por cento do territorio galego está blindado fronte á instalación de parques eólicos

08/06/21 | 15:04 | C. de Economía e Industria

O IFEVI aproba a modificación dos seus estatutos para adaptar a composición dos seus órganos de goberno ao establecido na Lei

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá, en Vigo, na reunión do Padroado do Ifevi

08/06/21 | 14:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial de 'Unvex 2021' como escaparate para mostrar as capacidades da industria aeroespacial galega

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu á presentación do evento que se levará a cabo na Cidade da Cultura do 7 ao 9 de xullo co obxectivo de dar a coñecer o uso dos vehículos non tripulados nos servizos públicos que presta a Administración e o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas

08/06/21 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a automatización, a dixitalización e a sostibilidade como factores clave para impulsar a industria 4.0 en Galicia

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, participou hoxe en Barcelona na inauguración da quinta edición de ‘Advanced Factories’

07/06/21 | 12:27 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial de Galicia xerou 47 novos proxectos de I+D+i e propiciou a creación dunha comunidade de innovación con capacidades para captar novos proxectos internacionais

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, fixo balance dos resultados do período 2015-2020 durante a presentación da Estratexia 2021-2025 ante representantes das pemes, centros de coñecemento e empresas tractoras que participaron na iniciativa

06/06/21 | 14:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha o Plan de inspección de seguridade industrial co que levará a cabo máis de 1500 controis este ano

A iniciativa estará composta por catro programas e 200 das inspeccións realizaranse de maneira presencial