Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

25/05/21 | 11:30 | C. de Economía e Industria

O proxecto Artesanía no Prato da Xunta de Galicia é recoñecido como exemplo de boas prácticas no programa europeo Crafts Code

Esta iniciativa da Xunta de Galicia foi seleccionada para aparecer na plataforma de políticas formativas de Interreg Europe, como modelo para os sectores artesáns doutras rexións europeas para vincular a artesanía con outros sectores e crear sinerxías

25/05/21 | 11:24 | C. de Economía e Industria

Mañá abre o prazo de solicitude das axudas da Xunta para o fomento das renovables en empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais

A nova convocatoria, de concorrencia competitiva, conta cun orzamento de 2,65 millóns de euros e ofrece axudas para instalacións de biomasa, xeotermia, aerotermia e solar térmica

24/05/21 | 13:07 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o compromiso da Xunta co comercio de proximidade a través de apoios ao consumo por 21 millóns de euros

Subliña que o Bono activa comercio, con descontos de 30 euros por consumidor, conta xa con máis de 5.000 comercios adheridos e máis de 110.000 beneficiarios

24/05/21 | 11:58 | C. de Economía e Industria

A aceleradora Cologistics, apoiada pola Xunta de Galicia, permitirá que 20 proxectos de emprendemento contribúan a mellorar as capacidades loxísticas da eurorrexión

Conde destaca a necesidade de proxectos e solucións innovadoras para mellorar a eficiencia deste sector que ten que xogar un papel clave na reactivación económica, na captación de fondos europeos e en facer fronte ao reto da transformación dixital

23/05/21 | 11:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta levará a cabo máis de 1500 controis este ano no marco do Plan de inspección de seguridade industrial

A iniciativa estará composta por catro programas e 200 das inspeccións realizaranse de maneira presencial

22/05/21 | 11:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta atende as propostas do sector das atraccións de feira nas novas medidas que entran en vigor hoxe

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación estivo en contacto cos representantes desta actividade para recoller as súas peticións

22/05/21 | 11:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de presentación de solicitudes para a III edición do Premio Empregado Público Innovador co obxectivo de ofrecer unha Administración pública máis eficiente e moderna

O prazo para presentar as propostas remata dentro de dous meses e será un comité de expertos o que valore as iniciativas relacionadas coa identificación de oportunidades e a actitude innovadora

21/05/21 | 16:56 | C. de Economía e Industria

Preto de 45.000 persoas da provincia da Coruña xa descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta tarde varios dos 48 negocios que se uniron a este programa no concello de Arteixo

21/05/21 | 14:45 | C. de Economía e Industria

Máis de 100.000 galegos e galegas xa descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta para mercar nas tendas de proximidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou que xa son 5000 os establecementos adheridos

21/05/21 | 12:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que Mindtech 2021 será o escaparate e punto de encontro da capacidade instalada en Galicia e para visibilizar unha industria dixital e sostible

Conde destaca que con esta segunda edición, que se celebrará do 14 ao 16 de setembro, aspira a reafirmarse como a feira industrial de referencia do Polo Ibérico