Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

19/02/20 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca axudas por 2,7 M€ para impulsar a mellora da capacidade innovadora das pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou en Vigo a empresa O Lecer Senior Care, que busca converterse nun referente en técnicas asistenciais apoiándose no programa Innova Peme

19/02/20 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña no Barco de Valdeorras a necesidade de adaptar a formación dos máis novos ás demandas das empresas e dos concellos galegos

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro esta mañá no obradoiro de emprego deste municipio no que 13 menores de 30 anos se están formando en Gravación de datos e Produción fotográfica

19/02/20 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de visibilizar as oportunidades que ofrece a economía social entre o estudantado galego

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu hoxe en Santiago de Compostela á presentación de actividades da 1ª Semana Universitaria da Economía Social na Universidade de Santiago de Compostela

19/02/20 | 11:46 | C. de Economía e Industria

Ovidio Rodeiro informa que o venres 21 de febreiro remata o prazo para solicitar as axudas para impulsar as infraestruturas e servizos dos parques empresariais

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina un total de 7,9M€ aos apoios para a mellora de infraestruturas, creación de viveiros e as novas axudas para reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica

18/02/20 | 21:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o compromiso dos empresarios e emprendedores de Monforte por gañar en competitividade e ser máis innovadores

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro no que se informou dos programas de apoio á disposición do tecido empresarial, en eidos como o financiamento, o impulso á contratación ou a internacionalización

18/02/20 | 18:05 | C. de Economía e Industria

Conde informa aos empresarios forestais de Lugo dos diferentes apoios para impulsar esta industria clave para a provincia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala a aposta por impulsar a bioeconomía e novos produtos de valor engadido para que Galicia se poida diferenciar a través desta industria vinculada co rural

18/02/20 | 15:02 | C. de Economía e Industria

Conde subliña a unidade clara e a visión compartida entre a Xunta e a industria electrointensiva para presentar as alegacións ao estatuto do Goberno

Na xuntanza, o conselleiro tivo ocasión de avaliar coas empresas o documento, como tamén fixo onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun encontro cos traballadores de Alcoa San Cibrao

18/02/20 | 14:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 5 millóns de euros a equipamento dos centros tecnolóxicos galegos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no DOG a convocatoria para o fortalecemento de centros de xeración de coñecemento mediante a adquisición de infraestruturas de investigación de alta calidade

18/02/20 | 14:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa de que prazo de solicitudes para o novo programa para facilitar a contratación de menores de 30 anos pecharase esta semana

As entidades locais interesadas nestes apoios aos que se destinarán 7M€ poden presentar as súas solicitudes ata o 21 de febreiro

18/02/20 | 13:26 | C. de Economía e Industria

Conde apunta que a colaboración de Imatia no Polo Aeroespacial fai visible o valor engadido co que conta Galicia a través da innovación e o talento

No Polo Aeroespacial de Galicia, Imatia traballa no proxecto MAR-1, para mellorar a seguridade da frota pesqueira mediante un sistema de seguimento e monitorización continua que integra unha plataforma de software