Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

04/05/22 | 12:41 | C. de Economía e Industria

O programa Renove automoción apoia a adquisición de máis de 1500 vehículos por parte de particulares

Esgotado o crédito destinado a persoas físicas, tras a ampliación realizada o mes pasado

04/05/22 | 11:36 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta asegura que a fábrica de fibras téxtiles será un revulsivo para favorecer a dixitalización da industria forestal e os novos usos da madeira

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, mantiveron xunto co conselleiro delegado de Altri, Jose Soares, e a directora xeral da Sociedade Impulsa Galicia, Enyd López, un encontro co sector forestal galego sobre este proxecto que se celebrou na Cidade da Cultura

04/05/22 | 11:27 | C. de Economía e Industria

Galicia continúa a crear emprego cun 3,19% máis de afiliacións á Seguridade Social e acada a cifra de paro máis baixa desde o ano 2008

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe a boa evolución do paro no mes de abril no que se rexistraron máis cotizacións e menos desemprego na evolución anual e mensual

04/05/22 | 10:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca atraer 14 novos profesionais de alta cualificación para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i en Galicia

O programa Talento Sénior, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro luns, 9 de maio, conta nesta quinta edición cun orzamento de 960.000 euros e está dirixido a empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos

03/05/22 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na biofábrica de fibras téxtiles un proxecto que contribuirá á transformación industrial ao xerar valor en toda a cadea forestal de Lugo e Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron esta mañá xunto co conselleiro delegado de Altri, Jose Soares, e a directora xeral da Sociedade Impulsa Galicia, Enyd López, nun encontro informativo

03/05/22 | 14:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de Galicia TurisTIC como polo tecnolóxico capaz de impulsar a dixitalización do sector, crear emprego de calidade e reter talento

O director do Igape, Fernando Guldrís, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asisten á inauguración das instalacións do novo Centro de Servizos Avanzados en Vilagarcía de Arousa

03/05/22 | 12:04 | C. de Economía e Industria

Un sistema automatizado para a medición da calidade da auga é a primeira solución con vehículos non tripulados que a Xunta pon en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana; asistiron hoxe no porto de Muros a unha demostración do funcionamento deste novo servizo que permite realizar mostraxes en augas marítimas costeiras e en encoros

03/05/22 | 10:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a renovación de electrodomésticos en máis de 13.500 fogares galegos

O programa Galicia Renova Electrodomésticos esgotou o orzamento previsto -2 millóns de euros- e xa conta con varias solicitudes en lista de agarda

02/05/22 | 15:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ás pemes ourensás as liñas de apoio Innovapeme e Deseñapeme para aumentar a súa capacidade innovadora

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), organizou en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) unha xornada informativa, presencial e online, para presentar as principais novidades destes dous programas