Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta executa un pasteiro de case 31 hectáreas en Porto do Son para establecer unha área cortalume nunha zona afectada habitualmente polos incendios
Cun investimento próximo aos 145.000 euros, esta actuación levouse a cabo tras a solicitude da Comunidade de montes veciñais en man común de Baroña
A Xunta convoca 400.000 euros de axudas para compensar o sacrificio obrigatorio, a morte de animais ou a destrución de produtos no marco de programas de erradicación de doenzas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural para este ano 2022
A Xunta concede axudas para a boa gobernanza a máis de mil comunidades de montes veciñais en man común por un importe que supera os 6,1 M€
Parte do financiamento desta convocatoria -a primeira desta natureza- provén do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, unha novidade no ámbito forestal galego e nacional
A Xunta mellora as pistas, os cortalumes e as infraestruturas preventivas do concello de Folgoso do Courel cun investimento de case 80.000 euros
As obras que se executaron abarcaron unha superficie total de 84,8 hectáreas, situadas en montes das parroquias de San Silvestre, San Vicente, Santa María e San Xoán
A Xunta incrementa en preto dun 17% as axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios ata os 7 millóns de euros
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural coas bases e coa convocatoria destas achegas
A Xunta pon en valor os produtos de proximidade entregando a seis centros educativos de Ribadeo conservas elaboradas con excedentes da horta da asociación A Sucadoira
Trátase de pisto, marmelada de pemento, verduras mixtas, berenxena e pemento asado ou zume conseguidos mediante a transformación de máis de dúas toneladas de produto de dita asociación
A Xunta convoca as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas por un importe de 200.000 euros
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, sendo o prazo de presentación dun mes contado a partir de mañá
A Xunta anima ás empresas forestais galegas a presentar ofertas para levar a cabo obras silvícolas en montes de toda a comunidade por preto de 7,5 M€
Estas actuacións, que se farán a través de dous procedementos públicos de contratación que permanecen abertos, consisten en rozas, podas e rareos coa finalidade de previr os incendios forestais
A Xunta tramita a inscrición do monte Abelenda do concello ourensán de Avión no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas
En concreto, inscribiranse un total de 56,3 hectáreas de superficie, compostas por dúas mouteiras de carballos, cerquiños e bidueiros
A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar máis de 2,7 M€ en axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes de achega ata o vindeiro luns 31 de xaneiro