Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

20/12/21 | 11:41 | C. do Medio Rural

A Xunta duplica ata os 4,5 millóns de euros o orzamento para o coidado de plantacións forestais que foron subvencionadas nos últimos anos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde para a concesión no vindeiro ano 2022 das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Feader, cunha previsión de acadar ata 12.000 hectáreas de actuación

20/12/21 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta pon a disposición xudicial un home de 61 anos como presunto autor de dous lumes en Chandrexa de Queixa

Os lumes forestais tiveron lugar no pasado mes de outubro, afectando unha superficie de 0,8 e 0,32 hectáreas de monte raso

19/12/21 | 10:36 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na revalorización e na recuperación de terreos abandonados en zonas de alta incidencia de incendios no marco do proxecto europeo Forvalue

Técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal veñen de participar en senllas xornadas de intercambio nos concellos de Arbo, As Neves e Carballeda de Avia, onde se debateu como poñer en valor as terras en estado de abandono

18/12/21 | 11:04 | C. do Medio Rural

A Xunta alleou 52 lotes de madeira por 2,5 M€ na última poxa pública electrónica celebrada en Ourense

Os importes acadados -que superan en máis dun millón a taxación inicial- veñen confirmar a suba de prezos da madeira de coníferas avanzada en anteriores poxas, sendo previsible que continúen á alza no futuro

17/12/21 | 20:37 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou o Parque Natural do Xurés

Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie aproximada de 3 hectáreas, a maior parte delas de monte raso

17/12/21 | 19:36 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o Parque Natural do Xurés

Segundo as últimas estimacións provisionais, este lume afecta unha superficie aproximada de 3 hectáreas

17/12/21 | 18:45 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, con ata sete focos e que afecta o Parque Natural do Xurés

O lume iniciouse ás 17,08 h. desta tarde e no seu control traballan xa medios do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios forestais da Xunta

17/12/21 | 17:34 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará en setembro de 2022 a II mostra de calidade alimentaria

José González sinalou ademais que esta mostra será un precedente de moitas máis actuacións que acollerá o devandito complexo de Quián, coñecido como o Espello do rural de Galicia

17/12/21 | 14:39 | C. do Medio Rural

A Xunta achega produtos agroalimentarios galegos aos colexios de Riotorto e O Páramo para elaborar menús de Nadal

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a iniciativa enmárcase na rede Mercaproximidade, a canle de comercialización habilitada para dar saída ás producións do sector primario da nosa comunidade

17/12/21 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a Lei de loita integral contra os incendios forestais fomentará as paisaxes mosaico con vocación produtiva como mecanismo preventivo

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, explicou no Parlamento que esta futura norma combinará esa orientación coas ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria