Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

08/11/21 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá preto de 30 M€ o ano que vén para impulsar as plantacións, a silvicultura e a boa gobernanza dos montes galegos

José González desglosou que 12,7 millóns de euros serán para forestación, 10,5 M€ para silvicultura e boa gobernanza e 4,5 millóns para unha nova liña de axudas que promoverá as plantacións de castiñeiros e a recuperación de soutos tradicionais

08/11/21 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o labor levado a cabo polos grupos de desenvolvemento rural de Galicia para erradicar a violencia de xénero

Apostando pola igualdade no medio rural, José González reafirmou o compromiso do seu departamento coas mulleres dándolles prioridade en normas como a Lei de recuperación da terra e en axudas como as de incorporación ao agro

07/11/21 | 15:01 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza que a nova Lei de calidade alimentaria entrará no Parlamento como proxecto de lei en 2022

José González afirmou que este texto normativo rexerá os produtos agroalimentarios de calidade diferenciada producidos e comercializados no noso territorio para posicionar a nosa comunidade como referente nos distintos mercados

07/11/21 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsará en 2022 unha nova liña de axudas por un importe de 4,5 M€ para fomentar a plantación de castiñeiros e a recuperación de soutos tradicionais

José Luis Chan puxo de relevo este investimento previsto nos orzamentos do ano que vén, así como o Plan de recuperación de soutos tradicionais que actuará en Riós e noutros 44 concellos galegos para poñer en valor ata 2.000 hectáreas deica o 2025

05/11/21 | 17:14 | C. do Medio Rural

Os orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para 2022 increméntanse nun 16% e chegan aos 47,2 millóns de euros

A axencia centra os seus orzamentos en tres grandes bloques: 7,4 millóns para a recuperación de terras, outros 21,6 millóns para planificación e dinamización do territorio rural e 18,2 millóns para o programa Leader

05/11/21 | 12:35 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo a boa evolución do sector vitivinícola galego tras a emerxencia sanitaria

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria destacou a abondosa vendima deste ano e que, na liña deses bos resultados, apenas se presentaron solicitudes para acceder ao préstamo vendima habilitado polo Goberno galego

05/11/21 | 12:26 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo presenta a Oficina Agraria Móbil, un servizo pioneiro de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural

Avanza que a oficina, que contará con persoal para prestar os servizos tanto administrativos como técnicos e de veterinaria, anunciará con antelación as rutas a realizar co fin de que a cidadanía coñeza onde e cando vai estar localizada en cada momento

04/11/21 | 17:20 | C. do Medio Rural

A Xunta demanda ao Goberno central que actúe para que se cubran os custos de produción no sector lácteo e se asegure unha marxe de beneficio para os gandeiros

José González reiterou ao Goberno central que teña en conta no texto final da Lei da cadea alimentaria -actualmente en tramitación no Senado- o recoñecemento da Conta Láctea como forma de acreditación do custo efectivo de produción

03/11/21 | 17:11 | C. do Medio Rural

A Xunta explica a gandeiros do Xallas que a aplicación Conta Láctea lles axudará a mellorar a súa posición negociadora sobre os prezos do leite

Esta aplicación informática, creada polo Goberno galego xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida tamén para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras

03/11/21 | 10:36 | C. do Medio Rural

O DOG publica a resolución das axudas de 2020 para plans de mellora, incorporación de mozos á actividade agraria e pequenas explotacións

A Xunta aprobou un total de 1.206 subvencións por importe de 43,25 millóns de euros na última convocatoria realizada, que corresponde á do ano 2020