Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Consellería do Medio Rural aumenta en case un 8 % o seu orzamento de 2022 para consolidar as actuacións en materia de prevención, recuperación e calidade
En prevención, haberá 12,7 millóns para forestación, 10,5 M€ para silvicultura e boa gobernanza, 5,69 millóns para xestión da biomasa preto das casas, 5 millóns do Plan de Pastos ou unha liña nova de 4,5 M€ para plantar castiñeiros e recuperar soutos
A Xunta promocionará no 22º salón gastronómico Xantar de Ourense os produtos galegos de calidade do agro e do mar
A Consellería do Medio Rural terá un espazo institucional propio, dará cobertura a 14 empresas agroalimentarias galegas e organizará outros tantos obradoiros e degustacións a base de produtos galegos de calidade diferenciada
A Xunta anima aos veciños e propietarios da Gudiña a implementar a aldea modelo do Seixo para poñer en valor preto de 36 hectáreas de terreo
O instrumento de mobilización recollido na Lei de recuperación da terra agraria implicaría neste caso 225 parcelas dun total de 77 titulares, cunha superficie total de 35,8 hectáreas
A Xunta reforza a comunicación interna das brigadas forestais para mellorar a súa resposta ante aos incendios e a seguridade do dispositivo
Os novos equipos serán claves non só durante a extinción dos lumes, senón tamén cando se presten outro tipo de servizos á poboación ou a prol do medio rural
Feijóo salienta que máis do 65% da superficie dos 270 concellos sumados ao convenio de defensa das aldeas está limpa de maleza
Destaca outras medidas en materia de defensa do monte da Xunta como a asistencia técnica aos concellos, a dotación de ferramentas informáticas, visores de traballo e aplicacións de xestión de rexistros, a execución subsidiaria de limpezas en faixas por parte de Seaga; as rozas en vías de titularidade municipal, os traballos en aldeas modelo ou as limpezas mecanizadas, como as de 5.000 hectáreas de áreas cortalume
A Xunta destaca a aposta do Plan Forestal de Galicia pola certificación como vía para consolidar a xestión sustentable dos montes na nosa comunidade
José Luis Chan destacou a importancia dos selos de certificación para garantir o acceso da madeira dos nosos montes aos mercados, á vez que se asegura tamén a propia sustentabilidade e xestión dos terreos forestais
A Xunta destaca que a marca Pino de Galicia contribuirá a xerar valor a través da innovación e a preservar os piñeiros galegos como fonte de riqueza para o medio rural
Conde asegura que este selo de garantía vén de certificar o compromiso do sector forestal coa orixe e trazabilidade da madeira; coa sustentabilidade do monte; e coa calidade do produto
A Xunta pon en valor a Estratexia do viño para ter un sector consolidado e competitivo nos mercados
Segundo explicou José González, trátase tamén de aumentar o valor engadido dos viños galegos, mellorando a rendibilidade e a sustentabilidade da produción vitícola
Extinguido o incendio forestal con dous focos do concello de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 0,04 hectáreas de monte raso
Controlado un incendio forestal con dous focos no concello de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos dunha hectárea