Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

01/10/21 | 14:52 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que o Leader permitiu consolidar case 2.300 empregos e crear outros 790 postos de traballo en Galicia no período 2014-2020

O representante galego puxo en valor que esta medida consagrouse, despois de tres décadas, como unha ferramenta indispensable para dinamizar o tecido socioeconómico das áreas rurais, tamén en Galicia

01/10/21 | 14:33 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura dous focos positivos por SARS-Cov-2 en dúas granxas de visóns de Abegondo

A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España

01/10/21 | 13:10 | C. do Medio Rural

A Xunta constata o éxito da loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro mediante o asentamento do seu parasito nos soutos galegos

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, sinalou que os últimos datos confirman un crecemento exponencial da súa presenza en Galicia

01/10/21 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha este ano o Plan extraordinario de reparación de camiños da comarca da Limia cun importe inicial de 600.000 euros

Na execución destas actuacións colaborará tamén a Deputación de Ourense coa cesión de maquinaria pesada

01/10/21 | 11:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta acomete a mellora viaria de Vistuíde, no Concello de Rodeiro, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais cun investimento de 36.000€

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, supervisan esta actuación, que permitiu renovar o firme de varias pistas deste lugar da parroquia de Az

30/09/21 | 17:00 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños de Riós das vantaxes de implementar un polígono agroforestal en Pousada ao abeiro da Lei de recuperación da terra

Segundo a solicitude do Concello, o polígono estaría orientado á plantación de castiñeiros e abranguería unha superficie de 94 hectáreas distribuídas en 663 parcelas de 200 propietarios

30/09/21 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta simplifica a declaración de colleita de uva dos viticultores galegos acollidos a Denominacións de Orixe

Tras a publicación hoxe no DOG da orde que modifica o decreto que regula o potencial de produción vitícola de Galicia, xa non terán que acudir ás oficinas agrarias comarcais senón que poderán facer o trámite telemático a través dos consellos reguladores

30/09/21 | 09:27 | C. do Medio Rural

Hoxe remata a tempada de alto risco de incendios forestais pero mantense a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais ata novo aviso

Tendo en conta a variabilidade das previsións do tempo para os vindeiros días, non se concederán comunicacións nin autorizacións

29/09/21 | 19:30 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona os produtos agroalimentarios de calidade no marco da segunda proba do Circuito de Golf TUR 43 – España Verde que terá lugar na Coruña

A Agacal celebrou esta tarde unha nova degustación con produtos premiados nas diferentes catas que organiza a Consellería do Medio Rural, tanto a de viños, augardentes e licores como a de queixos e meles

29/09/21 | 14:12 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños de Ames das vantaxes de implementar unha aldea modelo na parroquia de Agrón ao abeiro da Lei de recuperación da terra

Segundo a solicitude do Concello, a aldea modelo de Ferreiros abranguería unha superficie de 10 hectáreas distribuídas en 128 parcelas de 52 propietarios