Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

29/09/21 | 12:06 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa da man de gandeiros, industrias, cadeas de distribución ou organizacións agrarias para deseñar e impulsar o futuro do sector cárnico galego

José González explicou que a Estratexia persegue promover unha produción sustentable nas explotacións con orientación cárnica, así como fomentar o consumo dos distintos tipos de carne e incentivar a formación e a investigación neste eido

28/09/21 | 13:54 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os seus logros na negociación da futura PAC e advirte que seguirá firme na defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos

Salientou fitos como o compromiso do Ministerio de regularizar a superficie galega con dereitos de axuda ou o aumento nas axudas asociadas ao vacún de leite

24/09/21 | 20:01 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece as mellores iniciativas a prol do agro galego cos Premios ao Desenvolvemento Rural

José González valorou o elevado número de candidaturas presentadas -82 en total, 16 máis que o ano pasado- e felicitou os gañadores das oito categorías

24/09/21 | 11:57 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Fundación Arume destina máis de 200.000 euros a impulsar a produción de material xenético de piñeiro de calidade para abastecer a industria galega

Potenciarase a investigación cun papel clave do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, mentres na fase de produción de plantas melloradas se apostará polo labor da Fundación Arume e pola coordinación entre distintos viveiros galegos

22/09/21 | 16:40 | C. do Medio Rural

A Xunta explica a gandeiros de Lugo que a aplicación Conta Láctea lles axudará a mellorar a súa posición negociadora sobre os prezos do leite

Esta aplicación informática, creada polo Goberno galego xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida tamén para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras

22/09/21 | 14:40 | C. do Medio Rural

A Xunta comeza a aplicación de palla coa técnica do mulching nas zonas máis afectadas polos lumes de Ribas de Sil para protexer o solo e evitar arrastres

Estes labores lévanse a cabo nas áreas máis danadas, onde se combina unha severidade do lume alta na vexetación e no solo

22/09/21 | 11:50 | C. do Medio Rural

A Xunta finaliza a concentración parcelaria que comparten os concellos de Carral e Cambre na que investiu preto de 1,5 millóns de euros

Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie de case 600 hectáreas, duplicouse a superficie media das parcelas resultantes

21/09/21 | 21:34 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta destaca o papel do tecido empresarial galego á hora de identificar retos e oportunidades no marco dos fondos europeos

Conde defende a necesidade de que o Goberno actúe desde o sentido común e con equidade, exercendo unha cogobernanza real e favorecendo a participación de Galicia nos Pertes aprobados

21/09/21 | 16:05 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona os produtos agroalimentarios galegos de calidade no I Circuito de Golf Tur 43 – España Verde

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria celebrou onte unha cata con produtos premiados nas diferentes catas que organiza a Consellería do Medio Rural, tanto a de viños, augardentes e licores como a de queixos e meles

21/09/21 | 13:26 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que as adegas galegas poden solicitar o préstamo vendima ata o vindeiro 15 de outubro

José González salientou que esta liña de crédito facilitaralles ás empresas a compra da totalidade da uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado e está deseñada para facer fronte ás dificultades xeradas pola pandemia no sector