Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

22/02/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para compensacións complementarias e para a reposición de animais polo sacrificio obrigatorio de gando por erradicación de enfermidades

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural, dotada con 125.000 euros

21/02/22 | 18:38 | C. do Medio Rural

A Xunta achega preto dun millón de euros aos concellos da Mariña para mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou unha das últimas actuacións executadas en Mondoñedo, que conta con 62.100 euros da convocatoria anterior para acondicionar accesos nos núcleos de Seivane, Rúa Travesa e Ferrería

21/02/22 | 13:23 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de case 70 M€ para dar un novo pulo á competitividade das empresas do agro e á remuda xeracional

Precisa que ata o 7 de marzo estará aberto o prazo da nova convocatoria de axudas para a transformación e comercialización; e ata o 9 de marzo o período de solicitude das axudas para a incorporación de mozos ao agro e para plans de mellora e pequenas explotacións

21/02/22 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta permite solicitar de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados

Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido ás condicións meteorolóxicas

20/02/22 | 10:05 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 75.000 euros a crear e mellorar pistas forestais ou cortalumes en Friol para reforzar a anticipación aos incendios

Os traballadores do distrito IX Lugo-Sarria tamén actuaron en faixas auxiliares ou colocaron pasos de auga en montes de xestión pública deste municipio lucense

19/02/22 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 107.000 euros en obras preventivas en Mazaricos, Muros e Carnota para reforzar a anticipación aos incendios forestais

Estas actuacións no territorio do distrito forestal V Fisterra consistiron en limpezas de restos, rozas, podas ou clareos en zonas declaradas de alto risco de rexistrar lumes

19/02/22 | 11:07 | C. do Medio Rural
18/02/22 | 17:47 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Muras colaboran para a posta en valor da terra en estado de abandono ou infrautilización no marco da Lei de recuperación

Inés Santé explicoulle ao alcalde as posibilidades que ofrecen instrumentos como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta para xerar riqueza neste municipio

18/02/22 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta constata un impacto da suba dos custos de produción dos gandeiros de leite de 4 céntimos por litro no 2021 respecto do ano anterior

O informe, elaborado en colaboración coa Fundación Juana de Vega, precisa que os ingresos das explotacións medraron un 2,71% en 2021 respecto de 2020, mentres que os custos se incrementaron en preto do 12%, provocando o conseguinte deterioro das súas contas de resultados

18/02/22 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu en sanidade animal máis de 61 millóns de euros nos últimos cinco anos

José Balseiros sinalou que este esforzo orzamentario propiciou, entre outras melloras, a recente declaración de Galicia como rexión libre de tuberculose bovina