Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

18/02/22 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Xunta abre a posibilidade a que industrias cárnicas de fóra de Galicia poidan filetear pezas de Ternera Gallega para potenciar o mercado da IXP

É unha das modificacións do prego de condicións desta indicación xeográfica protexida que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia

17/02/22 | 11:24 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén salienta o investimento da xunta de 4,3 M€ na provincia de Ourense a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

O delegado territorial sinalou que o obxectivo deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e doutras infraestruturas

16/02/22 | 13:59 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños de Avión das vantaxes de implementar unha aldea modelo de máis de 15 hectáreas na parroquia de Cortegazas

Segundo a solicitude do Concello, a aldea implicaría unhas 727 parcelas de arredor dun cento de propietarios

16/02/22 | 10:28 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 76.000 euros en traballos preventivos en montes de Ponteareas e As Neves

Consistiron na mellora de pistas forestais, de devasas ou de faixas auxiliares, e na instalación de pasos de auga, entre outras actuacións

15/02/22 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta achega 4,6 millóns de euros aos concellos lucenses para mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que o Plan Marco chega a todos os municipios co obxectivo de facilitar a mobilidade nas áreas rurais

15/02/22 | 10:15 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para solicitar máis de 6 M€ en axudas co obxectivo de financiar proxectos de grupos operativos que innoven no agro galego

O obxectivo destas achegas é fomentar a innovación en áreas como a xestión sustentable dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía ou aplicación das TIC ao sector

14/02/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Estado a fomentar un acordo nacional entre distribución, industria e gandeiros do leite para incrementar os prezos dos contratos cunha prima de emerxencia de 4 céntimos por litro

Sinalando que queda acreditada unha venda a perdas xeneralizada, José González insistiu na necesidade de que se active esta medida xa aplicada polo Goberno italiano, co fin de paliar as dificultades que atravesan os produtores polo incremento de custos

14/02/22 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu máis de 125.000 euros en traballos de prevención de incendios forestais na Barbanza

Os labores consistiron fundamentalmente en rozas mecanizadas e melloras de pistas forestais e desenvolvéronse en montes dos concellos de Porto do Son, Boiro, Rianxo e Lousame

14/02/22 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta colaborará coa Federación Galega de Micoloxía para contribuír á divulgación das potencialidades deste aproveitamento forestal

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal reuniuse con membros da xunta directiva desta entidade

14/02/22 | 10:58 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar máis de 2,4 M€ en axudas para o desenvolvemento de proxectos piloto, novos produtos, prácticas e tecnoloxías no sector agrario

Esta liña de achegas está destinada a fomentar a innovación nestes ámbitos produtivos mediante a incorporación de novidades ou coa aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes onde tradicionalmente non se utilizaban