Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

08/02/22 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 73.000 euros en traballos preventivos en montes de Carballeda de Valdeorras, a Pobra de Trives e A Veiga

Todas estas actuacións enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que contou cun orzamento de case 30 millóns de euros no ano 2021 para actuar en máis de 58.000 hectáreas nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación

08/02/22 | 10:58 | C. do Medio Rural

Preto de 200 beneficiarios recibirán máis de 2,6 ME da Xunta para reestruturación e reconversión de viñedos nunhas 250 hectáreas de superficie

Estas subvencións están destinadas a operacións encamiñadas á reimplantación de viñedo, á reconversión varietal ou á mellora das técnicas de xestión da viña

07/02/22 | 13:09 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a excelencia das explotacións galegas de vacún de leite e reafirma o seu compromiso con este sector estratéxico do rural na nosa terra

José Balseiros destacou o esforzo dos gandeiros para acadar a extraordinaria calidade que distingue a cabana gandeira galega en xeral e o bovino de leite en particular

07/02/22 | 11:43 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 10,2 millóns de euros a executar traballos de silvicultura activa nunha superficie superior ás 5.500 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio coa resolución destas axudas convocadas en 2021, das que se beneficiaron 400 beneficiarios

07/02/22 | 10:31 | C. do Medio Rural

A Xunta prioriza as asociacións e organizacións de produtores como beneficiarias das novas axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde da Consellería do Medio Rural que contempla 30 millóns de euros en achegas, un 15% máis que a última convocatoria

06/02/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que está aberto o prazo para que os concellos soliciten as axudas do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado 25 de xaneiro esta nova convocatoria, que está dotada con preto de 18 millóns de euros, un 26% máis que o consignado na convocatoria anterior

05/02/22 | 20:39 | C. do Medio Rural
05/02/22 | 19:36 | C. do Medio Rural
05/02/22 | 18:45 | C. do Medio Rural
05/02/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 80.000 € na mellora de pistas forestais en Fornelos de Montes, O Porriño e Nigrán para reforzar a anticipación dos incendios

Todas estas actuacións afondan na prevención en zonas declaradas de alto risco de rexistrar lumes, dentro do distrito XVIII Vigo-Baixo Miño