Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

17/11/22 | 13:48 | C. de Sanidade

A Xunta adxudicará en dous meses o proxecto de ampliación do centro de saúde de Meira e inicia os trámites para licitar o de Outeiro de Rei

O Sergas recibiu xa ofertas de catro empresas para elaborar o proxecto da ampliación do centro de Meira, unha obra que superará os 1,5 millóns de euros

16/11/22 | 15:42 | C. de Sanidade

A Xunta destaca o avance dos servizos de radioterapia na Sanidade galega coa incorporación de 14 novos aceleradores lineais desde 2015 e a futura instalación do centro de protonterapia

Comesaña destaca o investimento de 7,2 millóns de euros no Hospital do Meixoeiro, para incorporar 8 novos equipos de alta tecnoloxía en diagnóstico por imaxe e medicina nuclear

16/11/22 | 14:42 | C. de Sanidade

A Xunta aplicará o futuro Estatuto de persoal investigador aos institutos de investigación sanitaria

A Xunta incorporará no ano 2023 as tres fundacións de investigación sanitaria ao sector público autonómico, o que permitirá que o seu persoal poida acollerse ao futuro Estatuto

16/11/22 | 14:02 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha en Santiago un plan piloto de vacinación da gripe á poboación pediátrica

Un total de 3.293 menores serán citados no Hospital Clínico para vacinarse da gripe este sábado pola tarde e o domingo pola mañá

16/11/22 | 10:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.723 casos activos por coronavirus

Un total de 679.682 pacientes xa están curados

15/11/22 | 18:43 | C. de Sanidade

Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos A positivo e 0 positivo, pídese a colaboración da cidadanía

Os grupos sanguíneos A positivo e 0 Positivo amosan niveis baixos, especialmente este último, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue

15/11/22 | 17:44 | C. de Sanidade

A Xunta destaca as achegas galegas en avaliación de pseudoterapias e as medidas de control da Covid

Estudos galegos probaron a ineficacia da magnetoterapia estática no tratamento da dor aguda ou a inseguridade da terapia con ventosas en patoloxías non osteomusculares

15/11/22 | 12:07 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia comeza hoxe unha campaña de escoita ao persoal do Sergas mediante enquisas para crear un “contorno de traballo saudable” e mellorar a organización

A Consellería de Sanidade pon en marcha unha ambiciosa campaña para a realización de enquisas a todo o persoal do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas como 061, Galaria, ADOS, ACIS, entre outras

15/11/22 | 10:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.708 casos activos por coronavirus

Un total de 679.517 pacientes xa están curados

14/11/22 | 17:29 | C. de Sanidade

O Sergas publica o nomeamento dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo de persoal de servizos xerais na quenda de acceso reservada a persoas que acrediten discapacidade intelectual

Con esta publicación declárase finalizado o concurso-oposición coa incorporación de 9 profesionais desta categoría ao servizo activo no ámbito da atención primaria