Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pon en valor a súa posta pola rede de hospitais comarcais que permite que o 85% da poboación galega estea a menos de 30 minutos dun centro hospitalario
O investimento total das actuacións nestes centros dende 2009 supera os 32 millóns de euros
A Xunta avanza na execución do Centro Integral de Saúde de Lalín, cos traballos de escavación xa rematados
Xa está finalizado o baleirado da escavación e continúan as tarefas de apertura de noiros para a disposición de zapatas e vigas de atado
Sanidade convida á cidadanía a doar sangue e comezar as vacacións de verán do xeito máis solidario
ADOS lembra que Galicia foi a terceira Comunidade Autónoma con maior taxa de doazón no pasado ano, e que as dificultades derivadas da pandemia sanitaria pola covid non frearon a xenerosidade e compromiso dos galegos e galegas
Galicia rexistra un total de 1.274 casos activos por coronavirus
Un total de 124.932 pacientes xa están curados
O Diario Oficial de Galicia publica a nova orde reguladora dos tipos de contratos no Sergas
A nova regulación aplicarase a todo o persoal temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia
O Sergas e a Fundación Galega de medicina xenómica colaborarán para o desenvolvemento do Plan de implantación de farmacoxenómica en psiquiatría
A tal efecto, o Sergas destinará, no presente ano, preto de 34.000 euros
O Sergas pón en marcha unha nova unidade de saúde mental no centro de saúde da Covada en Oleiros
O novo servizo optimizará a atención dos trastornos depresivos e prevalentes na atención Primaria, ademáis de mellorar a prevención de condutas suicidas
O Sergas publica o nomeamento de 166 profesionais da categoría de enfermeiro especialista en enfermaría pediátrica
Un total de 166 profesionais se incorporan a partir de mañá ao cadro de persoal da especialidade de enfermería pediátrica do Sistema Público de Saúde Galego.
Os preto de 500 profesionais das fundacións de investigación sanitaria verán melloradas as súas condicións laborais
Poderán desfrutar dunha homoxeneización das categorías, de melloras salariais; de regulación dos permisos e da conciliación da vida familiar e profesional; de medidas de igualdade; e de plans de formación anuais
O 061 de Galicia asistiu a 56 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 18 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 20 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 53 chamadas por accidentes de tráfico