Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

14/11/22 | 13:47 | C. de Sanidade

A Xunta lembra que a autocita para a dose de reforzo vai dirixida aos maiores de 60 anos e persoas incluídas no grupo de risco

Recoméndase a vacinación a todas as persoas maiores de 60 anos; a sanitarios, a menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e convivintes con inmunodeprimidos

14/11/22 | 13:39 | C. de Sanidade

O entorno hospitalario e de atención primaria da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés activou o seu Plan de continxencia da gripe 2022-2023

Conta coa aportación técnica e asistencial de profesionais de Atención Primaria e dos servizos hospitalarios de Urxencias, Microbioloxía, Medicina Preventiva, Medicina Interna, Pediatría, Pneumoloxía, Admisión e Prevención de riscos laborais
 

14/11/22 | 13:28 | C. de Sanidade

A xerencia da área sanitaria de Ferrol actualiza o Plan de Inverno cos profesionais implicados

Trátase dun plan de continxencia que prevé os recursos nos períodos nos que aumenta a demanda asistencial por mor das patoloxías e posibles descompensacións das persoas máis afectadas
 

14/11/22 | 12:07 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.711 casos activos por coronavirus

Un total de 679.347 pacientes xa están curados
 

14/11/22 | 10:42 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 68 persoas por 55 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de novembro ata as 23,59 horas do domingo, 13 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

13/11/22 | 12:54 | C. de Sanidade

A Xunta salienta o labor da Asociación Española contra o Cancro, no obxectivo común de mellorar a calidade de vida dos pacientes oncolóxicos

García Comesaña remarca a importancia que terá a nova “Estratexia de Xestión do Cancro en Galicia 2022-2028”, para abordar dun xeito integral estas enfermidades

13/11/22 | 12:27 | C. de Sanidade

A Xunta enviará directamente aos domicilios os test de cribado para a detección precoz do cancro colorrectal

Sanidade adopta esta decisión tras realizar unha pilotaxe na área sanitaria da Coruña e Cee, na que se demostrou que o envió directo dos kits -sen invitación previa por correo-, consegue uns mellores resultados de participación

12/11/22 | 15:38 | C. de Sanidade

Os Servizos de Uroloxía do Sergas realizaron máis de 770 intervencións cos robots Da Vinci, un ano despois da súa implantación

A cidade olívica acolle as XXIII Xornadas Cirúrxicas da Sociedade Galega de Uroloxía, nas que se expuxeron as últimas novidades vencelladas á práctica cirúrxica nesta especialidade

12/11/22 | 12:21 | C. de Sanidade

O Centro do Grupo Stellantis de Vigo continúa sendo a empresa española con maior participación en doazóns de sangue

A factoría viguesa acolleu a cuarta visita anual das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

12/11/22 | 12:02 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.897 casos activos por coronavirus

Un total de 679.025 pacientes xa están curados