Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2295 novas da área temática Sanidade da C. de Sanidade:

13/04/21 | 18:24 | C. de Sanidade

Luis López destaca o “traballo global e transversal” da Xunta na protección da saúde das galegas e galegos fronte á covid-19 coas vacinacións masivas e as probas de detección

O delegado territorial supervisa a nova quenda de inoculacións no Recinto Feiral de Pontevedra, con 5.000 persoas citadas en dous días, e o arranque dos cribados para adolescentes, que se farán en toda a provincia, na Farmacia Amaro Area

13/04/21 | 14:04 | C. de Sanidade

A Xunta estima ter vacinado a preto do 30% da poboación ao remate desta semana

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, remarcou que Galicia ten unha porcentaxe de vacinación de doses administradas do 93,2%, o que a sítúa como segunda comunidade do Estado neste apartado

13/04/21 | 11:59 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.382 casos activos por coronavirus

Un total de 114.168 pacientes xa están curados

12/04/21 | 12:06 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 40 persoas por 30 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 11 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 43 chamadas por accidentes de tráfico

12/04/21 | 12:05 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.316 casos activos por coronavirus

Un total de 114.070 pacientes xa están curados

10/04/21 | 13:16 | C. de Sanidade

O Sergas presentou ás organizacións sindicais a entrada en vigor das primeiras listas de contratación de persoal médico hospitalario

Así mesmo, o departamento sanitario galego anticipoulles novas medidas que promoverán a estabilidade deste persoal

10/04/21 | 12:44 | C. de Sanidade

A Xunta crea un grupo de traballo para definir proxectos de uso da impresión 3D na sanidade pública galega

Foi o acordo da primeira reunión celebrada polo Consello para a Innovación en Materia Sanitaria desde a renovación dos seus membros producida o pasado mes

09/04/21 | 17:16 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia exixirá o uso da máscara na práctica do deporte nas vías públicas

A Xunta permitirá o deporte individual sen máscara en espazos ao aire libre, cando non se concorra con outras persoas

09/04/21 | 14:16 | C. de Sanidade

O subcomité clínico fixa o nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove

Carballeda de Valdeorras incorporarase o vindeiro luns á listaxe de municipios con medidas máis restritivas