Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2295 novas da área temática Sanidade da C. de Sanidade:

09/04/21 | 12:41 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.193 casos activos por coronavirus

Un total de 113.688 pacientes xa están curados

08/04/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Trenor traslada ao alcalde de Valdoviño unha proposta para a mellora integral do centro de saúde

O proxecto sería financiado a partes iguais pola Xunta e polo Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal

08/04/21 | 12:29 | C. de Sanidade

A Xunta suspende a vacinación con AstraZeneca das persoas menores de 60 anos

Sanidade desconvocou ás 1.403 persoas, pertencentes a colectivos esenciais, que ían ser vacinadas hoxe

08/04/21 | 12:22 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.185 casos activos por coronavirus

Un total de 113.554 pacientes xa están curados

07/04/21 | 15:23 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia xa vacinou contra a covid-19 ao 87% das persoas maiores de 80 anos

203.596 persoas maiores de 80 anos xa foron vacinadas, e o 2,63% dos citados deste grupo de idade rexeitaron a vacinación

07/04/21 | 12:50 | C. de Sanidade

Unha unidade móbil de ADOS acolle a doazón do reitor da Universidade de Santiago de Compostela e convida aos estudantes a participar activamente

A pasada semana a USC e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), asinaron un novo convenio de colaboración que permitirá incentivar a doazón altruísta nos campus de Santiago e Lugo

06/04/21 | 21:34 | C. de Sanidade

O comité clínico establece o nivel máximo de restricións nos concellos da Proba do Caramiñal e O Grove

Tamén determina o nivel alto para os municipios da Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral

06/04/21 | 11:10 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.211 casos activos por coronavirus

Un total de 113.221 pacientes xa están curados

05/04/21 | 14:24 | C. de Sanidade

A Xunta comeza mañá unha nova vacinación masiva citando a 145.000 persoas nas sete áreas sanitarias

O Sergas convocará a 90.000 persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946 para recibir a súa primeira dose da vacina da covid entre o xoves e o domingo desta semana

05/04/21 | 10:32 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 105 persoas por 76 accidentes de circulación durante a Semana Santa

Desde as 15,00 horas do mércores, 31 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 92 chamadas por accidentes de tráfico