Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O conselleiro de Sanidade destaca o compromiso coa mellora constante na atención á cidadanía na presentación dunha nova unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
O vehículo, que renova o parque móbil de ADOS, prestará servizo de modo inmediato na área Sanitaria de Vigo
Preto de 15.000 profesores foron xa vacinados, nun proceso que se intensificará durante a fin de semana
Á espera de datos de vacinación efectiva, a resposta dos docentes á campaña supera o 90% nas súas primeiras xornadas
A Xunta de Galicia construirá un novo centro de saúde no concello de Antas de Ulla, que triplicará en superficie ao actual
O Executivo galego xa conta nos seus orzamentos para 2021 cunha partida de 155.000 euros, para poder licitar e adxudicar o contrato do proxecto deste novo centro
A Consellería de Sanidade convida aos estudantes galegos a participar en concursos de curtametraxes e de carteis coa fin de fomentar a doazón de órganos
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou a convocatoria do III concurso de carteis para escolares; o VII concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de órganos; e o VI concurso de curtametraxes sobre a doazón e transplante de medula ósea
Galicia rexistra un total de 6.273 casos activos por coronavirus
Un total de 103.569 pacientes xa están curados
O Sergas publica as puntuacións provisionais do proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
Xeráronse un total de 32.687 inscricións
A Xunta destaca a coordinación entre forzas de seguridade e a colaboración co sector no Plan de hostalería segura
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, abordaron co delegado do Goberno en Galicia e o presidente da Fegamp o plan para garantir o cumprimento das normas vixentes a través das policías locais en colaboración co resto de forzas e corpos de seguridade
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achégase esta semana a máis de 40 concellos galegos co obxectivo de obter entre 400 e 500 doazóns diarias
O xerente do Sergas, Jose Flores Arias, doou hoxe na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que visitou os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro
Galicia rexistra un total de 7.292 casos activos por coronavirus
Un total de 101.975 pacientes xa están curados