Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Sergas recibe a máxima distinción da Rede Global de Hospitais Verdes pola súa traxectoria en favor dunha Sanidade comprometida co medio ambiente
O departamento sanitario galego obtén dous premios de ouro, nas modalidades de resiliencia e liderado, polo amplo conxunto de iniciativas encamiñadas a lograr a máxima eficiencia, calidade e sustentabilidade do sistema sanitario en Galicia
Feijóo anuncia unha suavización das restricións e pide prudencia para que os reencontros que poden empezar a producirse sexan responsables
Incide en que os pasos adiante que se dan nas distintas zonas non se interpreten como un síntoma de relaxación: “Non hai razón para confiarnos, porque segue habendo contaxios e porque canto máis nos abrimos máis risco hai. E por iso pido máis responsabilidade que nunca”
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lanza a campaña de promoción da doazón de medula ósea
ADOS promove a doazón de medula ósea en colaboración coa Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (ASOTRAME), co lema: Doa medula ósea
Galicia rexistra un total de 7.537 casos activos por coronavirus
Un total de 44.086 pacientes xa están curados
Sanidade suaviza as restricións nos concellos de Santiago, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, A Estrada e Ares
Estes municipios pasarán ao nivel 2 de restricións
Sanidade conmemora o Día Mundial da Sida destacando a importancia da prevención por ser o muro de contención da infección e da posterior enfermidade
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, entregou os premios de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual
A Xunta presenta un procedemento de detección precoz de casos de violencia de xénero desde o ámbito sanitario
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dixo que este procedemento será implantado ao longo do vindeiro ano en todos os centros sanitarios da rede do Sergas
Galicia rexistra un total de 7.646 casos activos por coronavirus
Un total de 43.618 pacientes xa están curados
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a sede do Comité Cidadán Antisida
Gabriel Alén agradeceu o traballo desta organización destinada a reivindicar ante a Administración a posta en marcha de medidas sanitarias e sociais e xerar un espazo humano de apoio e acompañamento ás persoas afectadas, así como un grupo de loita contra a discriminación e o estigma