Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2295 novas da área temática Sanidade da C. de Sanidade:

16/09/22 | 14:20 | C. de Sanidade

A Xunta renova máis de 60 ecógrafos nos hospitais públicos galegos cun investimento de 5,3 millóns de euros

O Sergas instalou xa a totalidade do equipamento das licitacións realizadas o ano pasado para prover de ecógrafos aos servizos de radiodiagnóstico e de urxencias

16/09/22 | 11:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.417 casos activos por coronavirus

Un total de 671.166 pacientes xa están curados

15/09/22 | 11:56 | C. de Sanidade

O Sergas publica a relación definitiva de admitidos e a resolución provisional do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2022

No ciclo de adxudicación correspondente a este ano resultan un total de 897 destinos adxudicados

15/09/22 | 11:21 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.328 casos activos por coronavirus

Un total de 671.112 pacientes xa están curados

14/09/22 | 18:49 | C. de Sanidade

A Xunta incorporará tres novas patoloxías ao seu cribado neonatal en desenvolvemento da Estratexia galega de enfermidades raras

En concreto, as novas metabolopatías que se incluirán no Plan galego de cribado neonatal son: a Atrofia Medular Espinal (AME), a Inmunodeficiencia Combinada Grave (IDGC) e a Hiperplasia suprarrenal conxénita

14/09/22 | 15:03 | C. de Sanidade

Fernández-Tapias anuncia a adxudicación dos proxectos de reforma de dúas unidades do Hospital Público Álvaro Cunqueiro

A delegada territorial da Xunta en Vigo e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, informaron da creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca anexa a cardioloxía e dun novo espazo para o servizo de Hospitalización a Domicilio
 

14/09/22 | 13:42 | C. de Sanidade

Os 106 médicos que a Xunta incorporará neste mes ás prazas de difícil cobertura cubrirán máis de 2.500 gardas de PAC ao ano

O conselleiro de Sanidade lembrou hoxe no Parlamento de Galicia que este aumento de cobertura se producirá grazas a unha reforma legal aprobada co voto en contra da oposición
 

12/09/22 | 16:32 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 2,7 M€ de euros as obras de adaptación da nova área de hemodinámica de Ourense

Nas obras inclúese as de instalación dos novos equipos xa adxudicados de radioloxía e neurorradioloxía vascular intervencionista que suporán un investimento de case tres millóns de euros en equipamento para esta Área Sanitaria