Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

06/11/20 | 19:30 | C. de Sanidade

Sanidade actualizou en setembro o protocolo de detección e manexo da covid-19 en atención primaria no que se pon en valor o traballo deste nivel asistencial na pandemia

Tarefas como as enquisas ou solicitudes da primeira PCR con posibles contactos estreitos, así como o seguimento telefónico de persoas sas, poden realizarse dende a CSC, permitindo desburocratizar o traballo dos facultativos de atención primaria e dotalos de máis tempo para a actividade asistencial

06/11/20 | 16:14 | C. de Sanidade

A Área Sanitaria de Vigo leva realizadas 85.000 probas PCR nos Covid-auto do CHUVI

A delegada da Xunta de Galicia realizou hoxe unha visita ao Punto de toma de mostras do Álvaro Cunqueiro, no que está emprazado o Covid-auto Escola

06/11/20 | 14:44 | C. de Sanidade

A aplicación PassCOVID informa á cidadanía das novas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para conter a pandemia

Calquera usuario desta ferramenta informática ten acceso a información sobre a situación actual da covid, podendo elixir o concello do seu interese

06/11/20 | 14:09 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 10.196 casos activos por coronavirus

Un total de 29.376 pacientes xa están curados

06/11/20 | 13:17 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia completará o reforzo da Atención Primaria coa construción ou renovación de 38 centros de saúde máis nesta lexislatura

Feijóo salienta que a Xunta leva construídos ou renovados un total de 75 centros de saúde que, “sumados aos 38 desta lexislatura farán un total de 113, o que suporá un novo sistema de infraestruturas na Atención Primaria para toda Galicia”

05/11/20 | 18:52 | C. de Sanidade

O Sergas destaca que os novos órganos de participación dos pacientes facilitarán o traballo conxunto para a recuperación tras a pandemia

Na reunión do Consello Asesor de Pacientes do Servizo Galego de Saúde, o xerente do Sergas lembrou que, desde 2019, cada área sanitaria conta co seu propio órgano asesor, formado por asociacións de pacientes da súa contorna

05/11/20 | 14:40 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca a potencia, capacidade e innovación da área sanitaria de Vigo

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Julio García Comesaña, visitou, xunto co ministro de Sanidade, Salvador Illa, a área de diagnóstico do Hospital Álvaro Cunqueiro

05/11/20 | 13:09 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.895 casos activos por coronavirus

Un total de 28.964 pacientes xa están curados

04/11/20 | 16:59 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia reforza as restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con novas medidas

Feijóo avanza que en todas estas zonas estarán permitidos o 100% dos movementos para ir a traballar, á escola, a atender coidados necesarios de menores e maiores, e todos os movementos sanitarios