Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2295 novas da área temática Sanidade da C. de Sanidade:

16/03/20 | 18:32 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo reitera que "a elección prioritaria e única que temos neste momento todos os galegos é derrotar a pandemia" e pide ao Goberno que complemente as medidas no eido económico e social

Solicita ao Goberno a ampliación do fondo de continxencia para o ámbito sanitario: “Necesitamos un caudal de liña presupostaria para ir axustando o gasto ao orzamento adicional que necesitamos nos servizos sanitarios e sociais”

16/03/20 | 15:07 | C. de Sanidade

Sanidade pon á disposición da cidadanía un autotest con información sobre o coronavirus na páxina web do Sergas

Proporciona un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas con esta enfermidade

16/03/20 | 13:31 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 239 casos infectados por coronavirus

Rexístrase o terceiro falecemento por coronavirus na nosa comunidade

15/03/20 | 14:04 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 189 casos infectados por coronavirus

Produciuse o segundo falecemento, dun home de 81 anos, con varias patoloxías, que se atopaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que dera positivo importado na proba de coronavirus

14/03/20 | 12:51 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de 135 casos positivos de infección por coronavirus

Esta mañá produciuse o falecemento, na área de Vigo, dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa, e que dera positivo importado na proba de coronavirus

13/03/20 | 18:05 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de 112 casos positivos de infección por coronavirus

Rexistráronse xa as tres primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

13/03/20 | 12:58 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de 90 casos positivos de infección por coronavirus

Dende hoxe o Sergas pon a disposición da cidadanía unha páxina web https://coronavirus.sergas.es, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e para outros colectivos

13/03/20 | 12:00 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade solicita o uso responsable do teléfono gratuíto 900 400 116 como número exclusivo para a atención ao coronavirus

O día 11, a Central de Coordinación atendeu 5.392 chamadas. Se atendemos ás chamadas relacionadas co coronavirus, no número 061 atendéronse 1.258 chamadas e no 900 400 116 foron atendidas 588