Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

25/09/20 | 12:23 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Área Sanitaria de Vigo estrea o novo laboratorio de microbioloxía para o sistema 'pooling' de cribado da covid-19

Esta semana remataron as obras de ampliación da estrutura, co obxecto de integrar nunha mesma sala todo o equipamento robótico

24/09/20 | 15:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta demanda ao Estado fondos para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa ao longo de todo o curso escolar

O conselleiro demandou un sistema de datos comparados entre as comunidades autónomas, así como maior coordinación en aspectos comúns

24/09/20 | 14:26 | C. de Sanidade

O Sergas adquire 50.000 unidades de test antixénicos para as sete áreas sanitarias como ferramenta rápida de diagnóstico e cribado da covid-19

Con esta compra, refórzanse os circuítos de diagnóstico para a priorización de probas e aquelas dirixidas ao estudo de brotes en ámbitos estratéxicos e en contornas como centros sanitarios, sociosanitarios e educativos

24/09/20 | 12:32 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.461 casos activos por coronavirus

Un total de 17.572 pacientes xa están curados

24/09/20 | 12:23 | C. de Sanidade

Sanidade remarca que dende o primeiro momento contouse coas entidades locais na toma de decisións na xestión da pandemia por covid

O secretario xeral técnico da Consellería, Alberto Fuentes Losada, remarcou no Parlamento de Galicia que, as medidas sanitarias concretas que se adoptaron en concellos e ámbitos territoriais determinados, así como a súa revisión, foron sempre precedidas da necesaria interlocución coas entidades locais afectadas

23/09/20 | 15:25 | C. de Sanidade

Sanidade aproba restricións para Vilagarcía e O Milladoiro (Ames), e amplía as medidas de Ourense a máis rúas

A decisión tomouse esta mesma mañá na xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios

23/09/20 | 14:53 | C. de Sanidade

Sanidade realizará nos centros residenciais cribados de todos os profesionais cada 14 días

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe, no Parlamento de Galicia, que nos novos cribados utilizarase para os profesionais das residencias a técnica de pooling, o que posibilitará realizar a procura de casos noutros colectivos poboacionais dun xeito máis áxil

23/09/20 | 13:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.460 casos activos por coronavirus

Un total de 17.308 pacientes xa están curados

22/09/20 | 18:06 | C. de Sanidade

Julio García Comesaña reafirma o seu compromiso coa atención primaria como conselleiro de Sanidade

Lembrou que o orzamento deste ano para Primaria medrou en 46 millóns de euros respecto do destinado en 2019, aos que hai que engadir os 102 millóns de euros do Plan de Atención primaria 2019-2021, ademais de terse reforzado con maior dotación de persoal

22/09/20 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Todos os centros educativos de Ourense terán persoal sanitario de referencia e recibirán formación centro a centro

O delegado territorial da Xunta e o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras participaron nas xornadas informativas dirixidas aos equipos directivos e coordinadores covid