Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade introducirá este ano dous proxectos de realidade virtual para o recoñecemento do ictus e para reducir o estrés dos tratamentos de radioterapia
Segundo destacou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, estarán dispoñibles en maio deste ano
A Xunta inicia a obra de demolición da lavandería e central térmica do antigo Hospital Xeral de Lugo, na que inviste 302.000 euros
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos, que executa a empresa pública Tragsa, teñen un prazo de execución de tres meses e inícianse co baleirado das edificacións e o valado de seguridade do recinto
Feijóo avanza a ampliación do horario de hemodinámica no hospital público de Ourense ás 24 horas do día e os 365 días do ano
Afirma que con esta medida que estará plenamente operativa a partir da primeira semana de febreiro reforzaranse ademais os servizos e optimizaranse os recursos
Galicia contará con 41 novas oficinas de farmacia
Por primeira vez, a adxudicación realizouse nun acto único, ao que estaban convocados os 604 participantes no concurso público
O Sergas formalizará a contratación de dous pediatras para Verín na vindeira semana
A xerente de Verín lembra que ademais se traballa na redacción dun protocolo para retomar con garantías e seguridade a atención a partos nos primeiros días de febreiro
O tempo medio de espera cirúrxica no Sergas rexistra, con 54,5 días, o mellor dato acadado na súa historia
No que atinxe ao tempo medio de espera para as primeiras consultas de enfermidade, sitúase como a cifra máis baixa de toda a serie histórica, 41,5 días de espera media, 3,3 días menos que o ano anterior
Sanidade adxudicará mañá 41 novas oficinas de farmacia
Para axilizar o procedemento, por primeira vez as adxudicacións vanse resolver nun acto único, ao que están convocados os 604 participantes admitidos
Feijóo avanza que o tempo medio de espera cirúrxica do Sergas no ano 2019 foi de 54,5 días, a mellor cifra desde que hai rexistros
Incide en que son máis de 7 días menos que en decembro de 2018
Educación, Sanidade e Deporte asinan unha alianza estratéxica para loitar contra a obesidade infantil e promover estilos de vida activa nos escolares galegos
A Secretaría Xeral para o Deporte é a responsable da xestión da plataforma DAFIS que desde o curso 2012/2013 contou coa participación de 141 centros educativos de 73 concellos. En total realizáronse 26.606 valoracións de condición física saudable a 15.651 alumnos e alumnas de 6-16 anos que inclúen datos de IMC, perímetros de cintura e cadeira
Galicia bate novamente o récord de doazón de órganos e acada un índice histórico mínimo de negativas familiares á doazón
A nosa comunidade rexistrou 136 doadores de órganos no pasado exercicio, a cifra máis elevada da súa historia e que supón un 14,7% de incremento con respecto ao ano anterior