Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O 061 de Galicia asistiu a 42 persoas por 31 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 28 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 35 chamadas por accidentes de tráfico
Almuiña anuncia o reforzo de equipamento en todos os hospitais galegos para atender posibles casos de coronavirus
O reforzo de material vense unir ás outras medidas xa tomadas pola Consellería de Sanidade, como a constitución da Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus; a creación da comisión asesora de expertos; a posta en funcionamento do teléfono 902 400 116 para atender á cidadanía; o reforzo do persoal; ou a elaboración dos protocolos de actuación
Un total de 880 persoas participan na OPE do Sergas para as categorías de médico de familia e pediatra de atención primaria
Optan a un total de 347 prazas das que 254 corresponden a médico de familia e 93 para pediatría ás que hai que engadir outras 7 prazas para odontólogos
O Servizo Galego de Saúde oferta 1.215 prazas nas oposicións que se celebran esta fin de semana
Delas, 254 serán para médicos de familia e 93 para pediatras, todas de atención primaria
Feijóo salienta que a Oferta de Emprego Público do Sergas para 2020 podería superar as 3.500 prazas se o Goberno estatal elimina a taxa de reposición
Se non se elimina, Feijóo subliñou que a oferta na Comunidade galega para este ano, cun 100% da taxa de reposición de efectivos, reduciríase a 973 prazas
Sanidade pon a disposición da cidadanía o teléfono 902 400 116 para información xeral sobre o Coronavirus e o 061 para as persoas que estiveron en zona de risco e teñan síntomas
A Xunta de Galicia ten en marcha unha Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus e outras enfermidades emerxentes
O Servizo Galego de Saúde e AFALU colaborarán para desenvolver accións conxuntas en prol das persoas con demencia
Realizaranse actividades e proxectos de cooperación en asuntos de interese na área sanitaria de Lugo
Almuiña visita as obras de mellora realizadas no centro de saúde de Coristanco
A actuación consistiu na reforma da carpintería exterior e interior, ademais doutras obras, así como a instalación dun acumulador eléctrico
Feijóo destaca o compromiso dos profesionais do Servizo Galego de Saúde cunha Sanidade Pública innovadora e en permanente mellora
Incide en que galardóns como os deste xornal constatan a dedicación de todo o persoal sanitario en todas as frontes