Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

17/02/20 | 11:38 | C. de Sanidade

O Sergas fixa a data dos exames da OPE para 254 prazas de médico de familia e 93 pediatras de atención primaria

Neste proceso un total de 1.215 prazas, ao sumarse tamén 772 de técnico en coidados auxiliares de enfermería, 89 de enfermería especialista en obstétrico-xinecolóxica e 7 a odontólogos de atención primaria

17/02/20 | 09:18 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 68 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 14 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 16 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 56 chamadas por accidentes de tráfico

13/02/20 | 14:01 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia lembra aos consumidores que a suspensión temporal de actividade da empresa Lácteos Casa Macán so afecta aos produtos desta marca

Ningún dos produtos do resto de marcas amparadas baixo as denominacións de orixe protexidas están afectados

12/02/20 | 13:03 | C. de Sanidade

Sanidade ordena a retirada dos produtos dunha empresa láctea

Un control oficial realizado na empresa detecta incumprimentos graves que non permiten garantir a seguridade dos produtos alí elaborados
 

10/02/20 | 14:55 | C. de Sanidade

A Xunta recolle a demanda da ASEII para a instalación dun novo aseo para pacientes ostomizados na estación de autobuses de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantivo unha reunión con este fin coa Asociación Socio Sanitaria de Enfermidade Inflamatoria Intestinal

10/02/20 | 09:15 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 59 persoas por 46 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 7 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 9 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico

09/02/20 | 10:58 | C. de Sanidade

Un total de 164 persoas participan na OPE do Sergas para as categorías de enfermería especialista en saúde mental e traballo

Optan a un total de 32 prazas das que 30 corresponden a enfermería especialista en saúde mental e 2 para enfermería especialista en traballo

09/02/20 | 10:51 | C. de Sanidade

Cada día o Servizo Galego de Saúde realiza máis de 160.200 intervencións sanitarias

Durante 2019, programáronse ao día máis de 128.000 consultas e realizáronse 14.100 probas diagnósticas

08/02/20 | 17:50 | C. de Sanidade

Almuiña afirma que se o Goberno central elimina a taxa de reposición, Galicia podería convocar arredor de 3.500 prazas na vindeira OPE de Sanidade

Máis de 330 profesionais participan hoxe na primeira OPE do Servizo Galego de Saúde para as especialidades de enfermería familiar e pediátrica

07/02/20 | 17:32 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo solicita ao Goberno central que permita convocar a Galicia neste 2020 a maior Oferta Pública de Emprego da historia do Sergas

“No ano 2020 queremos facer unha macrooferta pública de emprego e necesitamos que o Goberno central nos deixe convocar todas as prazas vacantes que ten o Sergas”, di, asegurando que é imprescindible que non o limiten coa taxa de reposición