Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

06/02/20 | 20:23 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia seguirá traballando nunha Sanidade Pública centrada nas persoas cunha folla de ruta que marcará a Estratexia de humanización

Feijóo incide en que este modelo é fundamental para o traballo dos profesionais, para o coidado e recuperación dos pacientes e para a tranquilidade dos acompañantes

05/02/20 | 19:06 | C. de Sanidade

Sanidade investirá preto de dous millóns de euros no Hospital Comarcal de Valdeorras en 2020

O conselleiro de Sanidade lembrou que o servizo de Hospitalización a domicilio ampliouse a toda a comarca a semana pasada

05/02/20 | 19:04 | C. de Sanidade

Almuiña anuncia que Sanidade incrementa as prazas para formación de especialistas en medicina e enfermería familiar e comunitaria e pediatría

Ofertará 129 prazas para médicos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria e 27 prazas na área de pediatría

04/02/20 | 13:04 | C. de Sanidade

Sanidade aposta por seguir mellorando os hospitais comarcais con máis profesionais, equipamentos e infraestruturas

Almuiña anuncia novos incentivos profesionais para prazas de difícil cobertura

03/02/20 | 09:29 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 46 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 31 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 2 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

29/01/20 | 19:01 | C. de Sanidade

Almuiña anuncia que por primeira vez dende 2006 haberá servizo de pediatría no Hospital de Verín

Os datos mostrados por Almuiña no Parlamento mostran un aumento da actividade asistencial, de profesionais e de investimentos en infraestruturas no hospital verinés

29/01/20 | 18:35 | C. de Sanidade

Almuiña salienta que Galicia é pioneira en recoller avances na regulación do dereito a unha morte digna

Galicia conta actualmente con unidades de coidados paliativos nos sete grandes hospitais da rede Sergas e unha unidade no Hospital do Salnés, con máis de 100 camas das que 88 son individuais

29/01/20 | 17:17 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo compromete a licitación neste 2020 do proxecto construtivo do novo Hospital Público da Coruña que contará co dobre de superficie hospitalaria para máis urxencias, consultas ou quirófanos

Precisa que esta nova infraestrutura contará cun investimento de 395 M€, que se sumarán aos 100 M€ que xa se investiron para renovar o 70% do hospital actual

28/01/20 | 10:36 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña o compromiso dos cidadáns coa doazón de sangue e lembra a necesidade de aumentar as reservas dos grupos Cero Negativo, A Positivo e B Positivo

Vázquez Almuiña doou hoxe na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue que visitou os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro

27/01/20 | 10:20 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 44 persoas por 36 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 24 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 26 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 39 chamadas por accidentes de tráfico