Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

26/01/20 | 11:11 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha un novo programa de voluntariado para o acompañamento en hospitais e centros de saúde

Mañá luns ábrese o prazo de inscrición neste programa de humanización para as áreas sanitarias de Lugo e Ourense

26/01/20 | 10:41 | C. de Sanidade

Almuiña trasladará ao ministro de Sanidade a necesidade de eliminar a taxa de reposición para favorecer a estabilidade dos profesionais

O conselleiro de Sanidade vén de solicitar por carta un encontro con Salvador Illa, ministro de Sanidade para abordar tamén o futuro do sistema común de formación sanitaria especializada (MIR)

25/01/20 | 10:22 | C. de Sanidade

Nove de cada dez médicos de familia que rematan a súa formación na nosa Comunidade continúan no Sergas

Galicia está a formar ao maior número de profesionais especialistas de atención primaria da súa historia, cun total de 129 prazas MIR de familia, 27 prazas de pediatría, e 34 prazas de enfermería de familia

24/01/20 | 14:58 | C. do Medio Rural; C. de Sanidade

Profesionais do Hospital Meixoeiro plantan 30 carballos para conmemorar os 30 anos de historia deste hospital

Representantes das principais categorías profesionais, sindicatos, persoal xubilado e asociacións de pacientes, plantaron hoxe unha árbore como “símbolo de vida e esperanza”

24/01/20 | 12:36 | C. de Sanidade

Sanidade está a elaborar o novo Plan galego contra o cancro coa participación de profesionais sanitarios e pacientes

O plan contará, dixo o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, coa correspondente dotación económica para levalo a cabo

21/01/20 | 14:07 | C. de Sanidade

Sanidade introducirá este ano dous proxectos de realidade virtual para o recoñecemento do ictus e para reducir o estrés dos tratamentos de radioterapia

Segundo destacou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, estarán dispoñibles en maio deste ano

21/01/20 | 13:39 | C. de Sanidade

A Xunta inicia a obra de demolición da lavandería e central térmica do antigo Hospital Xeral de Lugo, na que inviste 302.000 euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos, que executa a empresa pública Tragsa, teñen un prazo de execución de tres meses e inícianse co baleirado das edificacións e o valado de seguridade do recinto

20/01/20 | 12:58 | C. de Sanidade

Feijóo avanza a ampliación do horario de hemodinámica no hospital público de Ourense ás 24 horas do día e os 365 días do ano

Afirma que con esta medida que estará plenamente operativa a partir da primeira semana de febreiro reforzaranse ademais os servizos e optimizaranse os recursos