Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2295 novas da área temática Sanidade da C. de Sanidade:

09/12/22 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta reafirma o compromiso coa innovación no eido das doenzas neurodexenerativas

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participaron na poxa solidaria organizada na Coruña a favor da Fundación Degén, centrada na investigación e divulgación destas enfermidades

09/12/22 | 13:24 | C. de Sanidade

Galicia adiantarase en dous anos á meta europea para a extensión dos programas de cribado de cancro de mama, colon e cérvix

Mentres o Plan europeo de loita contra o cancro fixa 2025 como data límite para que a cobertura destes cribados chegue ao 90% da poboación, Galicia xa chega a este obxectivo nos de mama e colon e acadarao en 2023 no de cérvix
 

09/12/22 | 10:57 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.326 casos activos por coronavirus

Un total de 682.433 pacientes xa están curados
 

05/12/22 | 14:22 | C. de Sanidade

A Xunta traslada ao concello de Teo o convenio para a construción dun novo centro de saúde

O delegado territorial da Xunta na Coruña e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza reuníronse hoxe co alcalde para explicarlle os detalles do acordo que permitirá edificar en Teo un centro de saúde de 1.880 m2

05/12/22 | 14:19 | C. de Sanidade

A Xunta publica a contratación da obra da segunda Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto Xuvenil de Galicia

Situarase no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e conta cun orzamento base de licitación ascende a 1.493.709 €

05/12/22 | 14:03 | C. de Sanidade

A Xunta logra o obxectivo de cobertura de vacinación da gripe e supera xa o 75% en persoas maiores de 65 anos

Así mesmo, en maiores de 60 anos, xa se vacinou ao 69,4% das persoas, o que supón situarse 3,70 puntos por riba da cobertura obtida no peche da campaña de vacinación do pasado ano

05/12/22 | 11:28 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 47 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 2 de decembro ata as 23,59 horas do domingo, 4 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

05/12/22 | 11:02 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.222 casos activos por coronavirus

Un total de 682.110 pacientes xa están curados

04/12/22 | 10:06 | C. de Sanidade
03/12/22 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta avanza nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público de Montecelo co obxectivo de que estean rematadas este ano

Esta estrutura ten unha superficie en planta rectangular de 430 m² e na súa construción estanse a empregar 1.225 m³ de formigón e máis de 120 toneladas de aceiro