Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2295 novas da área temática Sanidade da C. de Sanidade:

21/05/22 | 09:27 | C. de Sanidade

Comeza a funcionar o hospital de día de saúde mental infanto-xuveníl da área sanitaria de Lugo

Trátase do cuarto hospital destas características posto en marcha en Galicia, dos sete previstos, dende que se aprobou o Plan de Saúde Mental de Galicia, a medidados do ano 2020

20/05/22 | 17:00 | C. de Sanidade

Galicia activa un protocolo para a abordaxe dos casos de varíola do mono

Esta mesma mañá identificouse un caso sospeitoso, cuxa información se remitiu ao Centro de coordinación de alertas e emerxencias sanitarias

20/05/22 | 11:47 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Muíños asinan o convenio que permitirá a construción dun novo centro de saúde que duplique a superficie actual

O conselleiro de Sanidade agradeceu ao alcalde a axilidade da administración municipal, que xa iniciou o proceso de cesión da parcela

19/05/22 | 10:31 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 11.627 casos activos por coronavirus

Un total de 592.696 pacientes xa están curados

18/05/22 | 18:49 | C. de Sanidade

Galicia continúa no desenvolvemento do XIDE coa creación de axendas de calidade propias para as unidades administrativas dos centros de saúde

Así o anunciou hoxe o xerente de Sergas na "Xornada sobre a xestión da demanda en atención primaria: compartindo experiencias", que contou coa asistencia de profesionais dos servizos de saúde de Galicia, Andalucía, Canarias, Cataluña e o País Vasco

18/05/22 | 12:00 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 11.458 casos activos por coronavirus

Un total de 591.848 pacientes xa están curados

16/05/22 | 11:48 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 12.974 casos activos por coronavirus

Un total de 588.803 pacientes xa están curados

16/05/22 | 11:28 | C. de Sanidade

Sanidade habilita a declaración de autotest positivo a través da aplicación 'SergasMóbil' e do número de teléfono 881 540 045

Desde a xornada de hoxe, as persoas que obteñan un resultado positivo poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde dun xeito áxil e cómodo

15/05/22 | 10:59 | C. de Sanidade

A porcentaxe de participación nas probas da OPE do Sergas que se celebran hoxe supera o 78%

Coa realización destes exercicios conclúen as probas selectivas para cubrir un total de 680 prazas de 24 categorías/especialidades, que se iniciaron a fin de semana do 23 e 24 de abril e que se desenvolveron ao longo de seis xornadas de exame