Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta de Galicia supera os 2’4 millóns de certificados covid emitidos
¡As oficinas de farmacia integraron nos rexistros da Xunta o resultado das probas de autotest dun total de 58.306 persoas, das que 714 tiveron un resultado positivo
Galicia necesita incrementar as súas reservas de sangue dos grupos cero negativo e cero positivo
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fai un chamamento a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da primeira ponte festiva do mes de decembro
Galicia rexistra un total de 7.036 casos activos por coronavirus
Un total de 182.562 pacientes xa están curados
Sanidade estenderá o vindeiro ano o programa poboacional de cribado de cancro de cérvix ás áreas sanitarias de Ferrol e Pontevedra
Progresivamente, irase estendendo ao resto das áreas sanitarias de Galicia
A Xunta destina case 26 M€ para a compra de medicamentos para o tratamento da esclerose múltiple
Feijóo explicou que estes medicamentos poden previr a aparición de novos gromos, fan que estes sexan máis leves ou atrasan a aparición da discapacidade
Galicia rexistra un total de 6.495 casos activos por coronavirus
Un total de 182.286 pacientes xa están curados
Sanidade destaca o traballo do persoal do Plan galego anti VIH, dos profesionais sanitarios e das entidades sen ánimo de lucro na loita contra a sida
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, preside o acto de entrega de premios de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual, poñendo en valor “os nosos centros de investigación de vangarda, que contribúen a que Galicia sexa unha comunidade de referencia no coñecemento destas infeccións”
Galicia rexistra un total de 5.973 casos activos por coronavirus
Un total de 182.030 pacientes xa están curados
A Xunta apoia con máis de 2,6 millóns de euros desde 2009 ás entidades que desenvolven actividades de prevención do VIH
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita Cáritas Santiago, unha das 30 entidades que teñen recibido nestes anos axudas da Xunta para actividades de prevención desta enfermidade
A Xunta adxudica o proxecto da segunda unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil de Galicia
O Executivo galego segue a traballar nas infraestruturas comprometidas no marco do Plan de Saúde Mental 2020-2024