Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita as obras da senda peonil na estrada autonómica AC-214 en Sigrás, no concello de Cambre por un importe de máis de 743.000€
Executarase un itinerario de 720 metros de lonxitude, desde o cruce coa AC-213 e a N-550, nos núcleos da Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo
A Xunta ratifica o apoio á marca Enoturismo Galicia como ferramenta de recuperación deste segmento
A directora de Turismo de Galicia participou na presentación da nova campaña de promoción desta marca paraugas impulsada conxuntamente polas cinco Rutas do Viño de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia e a Xunta.
A Xunta pon o Business2Sea como exemplo de colaboración transfronteiriza para desenvolver intereses comúns na economía do mar entre Galicia e o norte de Portugal
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración dun evento que se celebra por primeira vez en Vigo de forma presencial
A Xunta destaca a AGASP como centro de referencia en Galicia na formación das forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá na Academia na inauguración da segunda das xornadas do “III Congreso Internacional de Criminalística Aplicada. Intelixencia Criminal e Terrorismo”
A Xunta pon en valor o potencial do destino ría de Vigo-Baixo Miño no que se inxectará 60.000€ este ano para o seu desenvolvemento turístico
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro de traballo co ente xestor e o sector no que se informou do convenio de colaboración asinado coa entidade ao que a Xunta destina 48.000€
A Xunta destaca as Mariñas Coruñesas como exemplo de aposta polo desenvolvemento do turismo sostible
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nunha xornada do plan Formativo Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, encadrado no marco do convenio asinado coa Xunta que permitirá mobilizar este ano 50.000€ no territorio
A Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas aproba por unanimidade o informe favorable sobre o regulamento de desenvolvemento da lei destes eventos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión na que se consensuou o texto final polos grupos de traballo nos que están representados os sectores afectados
A Xunta inviste preto de 35.000 euros na mellora enerxética do Museo do Viño e na reparación da cuberta da Casa do Concello da Teixeira
Gabriel Alén puxo en valor as puxo en valor os recentes investimentos da Xunta no concello como os da Consellería do Medio Rural de 30.096 euros dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas
A Xunta iniciou os traballos de conservación e posta en valor do castro da Cidá de Borneiro
A finalidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é actuar sobre as estruturas exhumadas para mellorar o estado deste Ben de Interese Cultural
O novo ciclo da Xunta "Música en salas" programa en Lugo 16 concertos de grupos galegos para impulsar a reactivación do sector
O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que as actuacións desenvolveranse ata finais de ano e dan continuidade a outras medidas de apoio a estes establecementos tras as restricións derivadas da pandemia