Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

10/11/21 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias acompaña a 440 escolares de Moaña na súa participación no campionato de campo a través no marco do programa Xogade

Os xogos galegos deportivos promovidos pola Xunta botan a andar unha tempada máis con seguridade e protocolos para as 16 modalidades escolares e 36 federadas

10/11/21 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto do Xeoparque Cabo do Ortegal no reparto de fondos dos plans de sustentabilidade turística en destino

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da iniciativa da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal promovida pola Deputación da Coruña

10/11/21 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O IES Lois Peña Novo de Vilalba deseña recursos didácticos innovadores sobre as últimas tecnoloxías da automoción

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou a implicación do profesorado e o alumnado nos proxectos de innovación educativa, “que xurden e se desenvolven nos propios centros”

09/11/21 | 21:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo protagoniza en Italia dúas presentacións en Roma e Milán para internacionalizar a celebración

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no primeiro dos dous actos que o Xacobeo vai protagonizar no país transalpino co obxectivo de converterse nun motor de recuperación e de internacionalización do Ano Santo

09/11/21 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 217.000€ en seis concellos na Orde de Infraestruturas de uso público destinada a concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte

O delegado da Xunta na Coruña e o alcalde de Coristanco visitaron as obras realizadas no parque infantil municipal que presta servizo ao CRA

09/11/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta aposta pola ciberseguridade para afrontar os retos asociados á transformación dixital

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe durante a clausura do “I Seminario de Intelixencia Empresarial e Ciberseguridade”, organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia, a necesidade da colaboración entre as administracións, empresas e a cidadanía para loitar contra a ciberdelincuencia

09/11/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de o Pino na adquisición de dous puntos limpos móbiles grazas as axudas do Fondo de Compensación Ambiental

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta maña o concello de O Pino que recibiu unha axuda de máis de 16.000 euros para a adquisición destes puntos limpos

09/11/21 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A entrega de máis de 170.000 Compostelas confirma a reactivación do Camiño como destino seguro e augura un Xacobeo pleno no 2022

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para informar do balance da temporada turística e as previsións para o vindeiro ano

09/11/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega a 9 concellos da provincia de Ourense material para mellorar a capacidade de resposta fronte as nevaradas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, entregou esta mañá 9 coitelas quitaneves ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos municipios de O Bolo, A Mezquita, Parada de Sil, Riós, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, A Veiga, Viana do Bolo e A Mancomunidade Terra de Celanova