Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

29/10/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a colaboración con Farmamundi en actuacións de acción humanitaria e emerxencia e para mitigar o impacto da covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asinou hoxe coa ONGD unha addenda ao convenio de colaboración asinado este ano con Farmamundi para incrementar o orzamento do acordo en 40.000 euros, o que suporá un investimento total de 90.000 euros

29/10/21 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias pide axilidade ao concello de Lugo para desbloquear as grandes actuacións no barrio da Tinería

O delegado territorial tamén solicita que se conceda a licenza de primeira utilización aos inmobles da Tinería 15 e Recanto do Miño 17, que suporán a entrega de seis vivendas a outras tantas familias

29/10/21 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 67.700 euros para a urbanización da rúa Cotarelo, en Trabada

Con respecto ás críticas da alcaldesa cara ao delegado da Xunta en Lugo, este cre que está asentada na polémica, en especial cos proxectos que a Xunta executa no municipio

29/10/21 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Oroso na reforma do parque infantil da escola de Vilacide

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou esta mañá as actuacións levadas a cabo no recinto, que a Xunta financiou cunha achega de máis de 33.600 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

29/10/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avala o traballo do xeodestino O Ribeiro e pono como exemplo de desenvolvemento turístico

O delegado territorial informou do convenio de colaboración asinado coa entidade e destacou a súa capacidade para converter en un atractivo turístico esta comarca que conta cun gran potencial termal e vitivinícola

29/10/21 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a adxudicación de catro novas vivendas no casco vello vigués para finais de novembro

A delegada territorial da Xunta visitou hoxe as obras de rehabilitación do número 29 da rúa do Berbés, o novo inmoble promovido polo CCVV no barrio histórico

29/10/21 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal no litoral das provincia da Coruña e Pontevedra

Agárdase vento do sur de forza 7 a 8 que afectará ao oeste e suroeste da provincia da Coruña e á costa de Pontevedra partir das 20.00 horas de hoxe

29/10/21 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A gastronomía das diferentes rutas xacobeas centrará a 22ª edición de Xantar en Ourense

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu esta mañá a presentación da feira especializada que terá lugar en Expourense a vindeira semana

29/10/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financiou a mellora viaria integral de lavadoiro do Ramo e Piñeirón, en Ribadumia, ao abeiro do Plan Marco cun investimento de 36.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, David Castro, supervisa esta actuación de ensanchamento e acondicionamento da vía, reposición do firme, construción de muro de contención e recollida de pluviais

29/10/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor traslada o compromiso da Xunta coa depuradora de Queiruga que contará cun investimento de arredor de 500.000 € no 2022

O delegado territorial da Xunta na Coruña e o alcalde de Porto do Son supervisaron, cos representantes da empresa que elaborou o proxecto, os detalles do mesmo